miniatura|Galicia erguendo a copa de campioa da Copa das Rexións da UEFA en 2023.A selección de fútbol de Galicia de afeccionados é o equipo representativo de Galicia nas competicións de fútbol amador. Participou en dúas edicións da Copa das Rexións da UEFA e gañou a edición de 2023.

Historia A selección galega de afeccionados naceu en 1965, xunto a outras seleccións rexionais de afeccionados de España, co propósito de promover o fútbol non profesional e con vistas á participación na nova Copa da UEFA Amateur, que celebraría a súa primeira edición en 1967. A primeira convocatoria constou de 20 futbolistas, entre eles Ramón Búa, Luis García Mosquera, Quique Costas, Machicha ou Lito.

Realizou a súa estrea o 18 de setembro de 1965 contra Asturias no Molinón, caendo por 5-1. Con todo, o gran pulo do equipo chegou trala creación por parte da UEFA da Copa das Rexións en 1999. Dende entón a selección amateur galega participa cada dous anos na fase nacional do torneo, cuxo campión disputa a fase final contra outras rexións europeas. En 2010, con Carlos Ballesta como seleccionador, Galicia proclamouse campioa do torneo nacional, despois de vencer a Andalucía na final de Portonovo, accedendo así á Copa das Rexións propiamente dita, celebrada en Malta en 2011. Encadrada no grupo 1, xunto con Württemberg, Ftiótide e a selección anfitrioa, gañou por 3-1 ao equipo grego, empatou cos alemáns e goleou por 6-0 a Malta. A pesar de ter os mesmos puntos que o Württemberg, non conseguiu o pase á seguinte rolda, pois só o facía o primeiro de cada grupo e a diferenza de goles favoreceu ao equipo alemán, despois de que lle marcase 14 goles á selección de Ftiótide no último partido.

En marzo de 2020 a selección galega gañou o seu segundo campionato nacional, derrotando na final a Andalucía, e conseguiu así o seu segundo pase á fase europea do torneo. Esta foi adiada por mor da pandemia de COVID-19 e deu inicio en 2022. O equipo de Iván Cancela derrotou no primeiro encontro na Lomba a Liubliana (3-0) e no segundo a Xenebra. No terceiro e decisivo encontro, contra Pest, adiantouse no marcador cun gol de Adri Otero, e aínda que os húngaros empataron nos instantes finais do tempo de desconto, Galicia logrou o primeiro posto do Grupo 7 e a clasificación para a fase final de 2023. Xogadores

Última convocatoria

+PosXogadorData de nacemento (idade)ClubPORMoncho Rodríguez24 de agosto de 1998 UD OurensePORMinibugy20 de maio de 2000 PaiosacoDEFJesús Varela15 de abril de 1986 AlondrasDEFMartín Sánchez13 de maio de 1995 ArousaDEFAntonio30 de novembro de 1988 Atlético ArteixoDEFPablo Caraban13 de agosto de 1992 EstradenseDEFCotilla19 de marzo de 1992 ArousaDEFIago Martínez5 de febreiro de 1997 Rápido de BouzasMEDKopa8 de outubro de 1995 ChocoMEDUbe10 de agosto de 1998 ChocoMEDFabio30 de xullo de 2000 Atlético ArteixoMEDJuanín6 de abril de 1997 EstradenseMEDÓscar Lorenzo28 de marzo de 2000 SomozasMEDLucas14 de xuño de 2003 SigüeiroMEDFélix Rial25 de maio de 1990 ChocoMEDIñaki Martínez25 de setembro de 1999 ArousaDIAÁlex Rey30 de setembro de 1992 Rápido de BouzasDIAJoni2 de setembro de 1993 UD OurenseDIAAdri Otero29 de marzo de 1995 Atlético Arteixo

Palmarés Copa das Rexións da UEFA (1): 2023 Fase estatal da Copa das Rexións da UEFA (2): 2010, 2020A Selección Galega conquista a XII Copa das Rexións UEFA tras gañar a Andalucía Real Federación Galega de Fútbol

Notas

Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol de Galicia

Categoría:Equipos de fútbol afeccionado Categoría:Selección de fútbol de Galicia