miniatura|240px|Adulto na illa de Madeira miniatura|240px|Na Ponta de São Lourenço, Madeira miniatura|240px|Esperando unha presa miniatura|240px|En Porto Moniz, Madeira miniatura|240px|Loitando pola comida nas illas Desertas

Teira dugesii é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos Lacertini, a única do xénero Teira.Teira Gray, 1838 no GBIF. Consultado o 7 de outubro de 2022.Teira Gray, 1838 na BioLib. Consultada o 3 de outubro de 2022.

A especie é endémica do arquipélago de Madeira, Portugal. Nas Azores este lagarto naturalizouse tras a súa introdución involuntaria polo comercio marítimo entre os dous arquipélagos. Así mesmo, tamén hai poboacións introducidas na área de Lisboa.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1838 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray,

Especie A especie describíraa en 1829 o médico e zoólogo francés Henri Milne-Edwards, baixo o nome de Lacerta dugesii.Teira dugesii (Milne-Edwards, 1829) en The Reptile Database.

Etimoloxía O epíteto específico, dugesii, é unha homenaxe ao médico e naturalista francés Antoine Louis Dugès.Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Lacerta dugesii", p. 76; "Joger", p. 135).

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Lacerta dugesii Milne-Edwards, 1829 (protónimo) Podarcis dugesii Engelmann et al., 1993 Teira dugesii Mayer & Bischoff, 1996

Subespecies Na especie recoñécenese as seguintes catro subespecies, que se diferencian principalmente na aparencia e na área de distribución.

Nome científico Autor Distribución Teira dugesii dugesii Milne-Edwards, 1829 Na maior parte da área de distribución Teira dugesii jogeri Bischoff, Osenegg & Mayer, 1989 Illa de Porto Santo Teira dugesii mauli Mertens, 1938 Illas Desertas Teira dugesii selvagensis Bischoff, Osenegg & Mayer, 1989 Illa Salvaxe Grande

Hábitat Os hábitats naturais desta especie son bosques e matogueiras temperadas, vexetación arbustiva de tipo mediterráneo, zonas rochosas, costas rochosas e areosas, terras cultivadas, pastos, plantacións, xardíns rurais e zonas urbanas.

Características Teira dugesii alcanza unha lonxitude corporal, desde o fociño atá a fenda clocacal, duns 8 cm, tendo a cola unha lonxitude dunhas 1,7 veces a lonxitude da parte anteriormente citada. A súa coloración é variábel, e tende a coincidir coa cor da contorna do animal, de tons marróns ou grises con, ocasionalmente, un matiz verdecente. A maioría dos animais están finamente manchados con marcas máis escuras. As partes inferiores son brancas ou de cor crema, ás veces con manchas escuras, e algúns machos teñen as partes inferiores alaranxadas ou vermellas e a gorxa azul, pero estas cores brillantes poden desaparecer se o animal é perturbado.

Bioloxía Comportamento Teira dugesii é moi común no arquipélago de Madeira, onde é un dous únicos réptiles presentes (o outro é o xeco Tarentola bischoffi, que só se atopa nas illas Salvaxes). Encóntrase desde as costas do mar até altitudes de 1 850 m. Adoita atoparse en lugares rochosos ou entre matogueiras, e pode gabear ás árbores. Tamén se atopa nos xardíns e nas paredes dos edificios. A cola despréndese facilmente e o toco rexenérase lentamente.

Dieta Alimentación|Aliméntase de pequenos invertebrados como as formigas, e tamén come algo de materia vexetal, como as bananas.

Reprodución As femias adultas de Teira dugesii poñen de dúas a tres camnadas de ovos ao ano, e os xuvenís miden uns 3 cm cando os ovos eclosionan.

Nos Azores e en Lisboa Existen algunhas poboacións nas illas Azores, descendentes de animais introducidos accidentalmente durante o século XIX por barcos que viaxaban entre os dous arquipélagos, sen alcanzar nunca as cifras de poboación que acadan no seu territorio de orixe.

E aínda hai unha pequena poboación na zona portuaria de Lisboa, probabelmente transportada accidentalmente en barcos bananeiros, e detectada por primeira vez en 1992. Un estudo de 2001 descubriu que a poboación se mantívose estábel desde o seu descubrimento.

Todos os espécimes introducidos corresponden á subespecie Teira dugesii dugesii.

Ameazas Non se coñecen grandes ameazas para esta especie. Adoita considerarse unha especie de praga, e está controlada nos viñedos xa que come uvas.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante) porque, aínda que a extensión da área onde aparice é inferior a 5 000 km<small>2</small>, é común, vive en hábitats que non están significativamente ameazados e a súja poboación non parece estar en declive.Paulo Sá-Sousa & Roberto Sindaco (2009): Teira dugesii na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de outubro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Arnold, E. Nicholas & Ovenden, Denys W. (2002): Field Guide: Reptiles & Amphibians of Britain & Europe. London: Collins & Co. ISBN 978-0-0021-9964-3, pp. 154–155. Bischoff, W., Osenegg, K. & Mayer W (1989): "Untersuchungen zur subspezifischen Gliederung der Madeira-Mauereidechse, Podarcis dugesii (Milne-Edwards, 1829)". Salamandra 25 (3-4): 237-259. Engelmann, Wolf-Eberhard; Fitzsche, Jürgen; Günther, Rainer & Obst, Fritz Jürgen (1993): Lurche und Kriechtiere Europas: Beobachten und bestimmen. Radebeul, Alemaña: Neumann Verlag. ISBN 3-7402-0094-4. Mayer, W. & Bischoff, W. (1996): "Beiträge zur taxonomischen Revision der Gattung Lacerta (Reptilia: Lacertidae) Teil 1: Zootoca, Omanosaura, Timon und Teira als eigenständige Gattungen". Salamandra 32 (3): 163–170. (Teira dugesii, nova denominación). Milne-Edwards H (1829); "Recherches zoologiques pour servir à l'histoire des Lézards, extraites d'une Monographie de ce genre". Annales des Sciences Naturelles, Paris 16: 50–89 + Plates V–VIII. (Lacerta dugesii, new species, p. 84 + Plate VI, figure 2). Sá-Sousa, P. (1995): "The introduced Madeiran lizard, Lacerta (Teira) dugesii in Lisbon". Amphibia-Reptilia 16 (2): 211-214.

Outros artigos Lacértidos Lacertinos

Categoría:Réptiles Categoría:Animais descritos en 1829 Categoría:Fauna de Portugal