Manuel Fernández Núñez,Algunhas fontes transcriben como Manuel Núñez Fernández coñecido como Chaparrín, nado en Becerreá cara a 1911 e finado en Lugo o 6 de maio de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Camareiro en Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de novembro. Estivo preso no depósito municipal de Becerreá, pero logrou fuxir con Antonio Ulloa Regueiro e outros 14 presos o 7 de decembro. Integrouse no grupo de Antonio Ulloa que actuaban pola comarca dos Ancares. Encartado na causa 190/1937 por rebelión militar, foi reclamado polo Xulgado Militar de Lugo en agosto de 1937,BOP Lugo, 10-8-1937. p. 2. e tamén reclamado polo xuíz de Becerreá na instrución do expediente da Comisión Provincial de Incautación de Bens en decembro de 1937.BOP Lugo, 11-12-1937, p. 2. Foi xulgado en rebeldía en consello de guerra en Lugo o 18 de xaneiro de 1938 e condenado a pena de morte xunto con Manuel Villares Gómez e Luis García Vázquez. Detido en 1940, foi xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 6 de maio de 1940.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1940