Fabienne Courtiade, nada en Villeneuve-Saint-Georges, Val do Marne, en 1970, é unha deseñadora francesa, autora do anverso das moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro.
Traxectoria
Fabienne Courtiade cursou estudos artísticos na Escola Superior de Artes e Industrias Gráficas Estienne (ESAIG), de París, e tamén acudiu á École Boulle, na mesma cidade. Acadou o certificado de aptitude profesional de Gravado Calcográfico en 1989 e posteriormente o diploma de oficios artísticos da École Etienne en 1991."Le concours de dessin pour les pièces de l'euro". Monnaises-rares.com
miniatura|140x140px|Moeda de 5 céntimos de euro francesa de 2008."5 Euro Cent". Numista.com
En 1990, a Sociedade de Fomento das Artes Plásticas concedeulle o segundo premio de formación en oficios artísticos.
Courtiade desempeñou entre 1990 e 1995 diversos traballos como independente no ámbito da calcografía, ao tempo que se formaba en deseño asistido por computador. miniatura|140x140px|Moeda de 50 euros (2009) conmemorativa dos 20 anos da caída do Muro de Berlín."50 Euro Berlin Wall". Numista.com En 1996 aprobou o curso de gravado da Monnaie de Paris e pasou a formar parte do cadro de gravadores da ceca pública francesa. Nesa condición, Courtiade foi a autora de catro moedas conmemorativas do sistema do franco francés entre 1998 e 2001, e a partir dese ano encomendóuselle o deseño do anverso nacional francés común ás novas moedas due un, de dous e de cinco céntimos de euro, que comezaron a cuñarse a partir de 2002.
A partir dese momento, Courtiade converteuse nunha prolífica creadora de moedas conmemorativas cuñadas pola Monnaie de Paris, con máis de 60 modelos da súa autoría.Moedas creadas por Fabienne Courtiade. Numista.com
Notas
Outros artigos
Lista de deseñadores de moedas de euro
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados no departamento do Val do Marne Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes