Xeberico (en latín: Gebericus) foi, segundo a Getica de Xordanes (un escritor bizantino do século VI), un xefe militar tervingo (rei) do século IV.

Traxectoria Xeberico era fillo do nobre Hilderido, neto de Ovida e bisneto de Nidada.

Segundo Xordanes, sucedeu a Ariarico e ao seu fillo Aorico no trono dos tervingos. No 334, dous anos despois de que se confirmase o foedus entre Ariarico e o emperador Constantino o Grande (reinado 306–337), dirixiu aos tervingos nun ataque contra os sármatas, os seus veciños do noroeste, que ese ano estaban divididos en dous grupos por mor dunha guerra civil: unha parte asentouse no interior do Imperio Romano e a outra estaba baixo a protección do rei vándalo asdingo Visumaro. Segundo Xordanes, Xeberico dirixiuse contra Visumaro, que foi derrotado no 335, e despois regresou ás súas terras no Baixo Danubio.Wolfram 1990, pp. 62-63

Algún tempo despois desta vitoria, Xeberico morreu e foi sucedido polo amalo Hermanarico. Este, mencionado por Amiano Marcelino como un rei dos grutungos, foi derrotado polos hunos do leste, quen derrotaran e uniron forzas aos alanos que vivían preto do río Don.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Godos Categoría:Nados no século III Categoría:Finados no século IV