OpenAI é unha institución de investigación de intelixencia artificial (IA) sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo promover e desenvolver unha IA amigable de xeito que beneficie á humanidade no seu conxunto. A organización busca "colaborar libremente" con outras institucións e cos investigadores facendo que as súas patentes e investigacións sexan abertas ao público. A compañía está apoiada por máis de 1.000 millóns de dólares en compromisos; non obstante, só se espera que se use unha pequena fracción deses mil millóns de dólares nos primeiros anos. Os fundadores están motivados, en parte, polos riscos existenciais da intelixencia artificial xeral.
Participantes
CEO até novembro de 2023: Sam Altman, expresidente da aceleradora de startups Y Combinator. CEO desde esa data, a enxeñeira de software de orixe albanesa, Mira Murati, durante dous días, e logo por Emmett Shear (exdirector executivo de Twitch). Ilya Sutskever, director de investigación, antigo especialista en aprendizaxe automática de Google CTO: Greg Brockman, antigo CTO de Stripe
Outros apoios do proxecto inclúen:
Reid Hoffman, cofundador de LinkedIn Peter Thiel, cofundador de PayPal Jessica Livingston, socia fundadora de Y Combinator
Empresas:
Infosys, unha empresa india de TI División de servizos na nube de Microsoft
Notas
Véxase tamén
ChatGPT DALL-E
Ligazóns externas
Sitio web oficial (en inglés)
Categoría:Empresas de IA Categoría:Elon Musk Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América