Ilves é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Dende a súa fundación en 1931, Ilves disputou numerosos encontros, tanto amigables como en distintas competicións e torneos, fronte a equipos e seleccións doutros países. O primeiro encontro fronte a un equipo doutro país foi o 23 de febreiro de 1938 fronte o Telefon Club Romania romanés en Tampere e que finalizou con vitoria romanesa (3-5).
Os maiores éxitos do equipo en competicións europeas chegaron en 1967, cando se proclamou subcampión da Copa de Europa fronte ao ZKL Brno checoslovaco, e en 1998 e 2007, cando o lince conseguiu dous terceiros postos na Copa Continental.
Copa de Europa 1966-67 O Ilves participou na segunda edición da Copa de Europa na tempada 1966-67 logo de proclamarse campión finlandés na tempada precedente.
O equipo de Tampere comezou a súa andaina na máxima competición continental enfrontándose ao Vålerenga noruegués, contra o que gañou tres dos catro partidos que disputaron, se ben perdeu o segundo partido disputado en Oslo (8-6). Na segunda rolda o rival dos linces foi o Dynamo Berlin alemán, equipo fronte ao cal tan só cedeu un empate en Berlín (4-4) no segundo partido logo de ter goleado no primeiro ao alemáns (3-11). Todos os partidos da terceira rolda caeron do lado finlandés nunha eliminatoria na que os polacos do Podhale Nowy Targ pouco puideron facer, especialmente nos dous primeiros partidos. O Ilves clasificouse para a final logo de que o campión soviético, o CSKA de Moscova non se presentara a xogar fronte o equipo finlandés. Finalmente nos partidos polo título o equipo de Tampere caeu fronte os checoslovacos do KZL Brno en ambos partidos, aínda que por unha estreita marxe de tan só un gol (2-3 e 4-5).
Primeira rolda
Segunda rolda
Terceira rolda
Semifinais Ilves debía enfrontarse ao CSKA de Moscova, mais o equipo soviético non se presentou, polo que o equipo de Tampere pasou ás finais.
Final
1972-73 O Ilves conquistou na tempada 1971-72 o seu 15º campionato finlandés, o que lle posibilitou xogar de novo na máxima competición continental. Con todo, o equipo de Tampere non se presentou á disputa dos partidos da segunda rolda fronte o Dukla Jihlava, polo que foi descualificado, pasando os checoslovacos á terceira rolda.
1985-86 Na tempada 1984-85 o Ilves conseguiu o seu primeiro título logo da creación da SM-liiga en 1975, e deste xeito clasificouse por terceira vez na súa historia para a disputa da Copa de Europa. Os linces debíanse enfrontar ao Saint Gervais francés na terceira rolda, mais finalmente os finlandeses non se presentaron e os de Saint-Gervais-les-Bains pasaron a disputar o grupo final.
European Hockey League 1997-98 Ilves finalizou a tempada 1996-97 na cuarta posición, que lle permitiu disputar unha competición europea logo de máis de tres décadas dende a súa participación. Tratábase da Continental Cup, a segunda competición continental máis importante, e que celebrou esa tempada a súa primeira edición.
O Ilves clasificouse directamente para o grupo final, que se disputou en Tampere. O torneo comezou ben para os locais coa vitoria sobre o Salavat Yulaev Ufa ruso por 6-3 o 26 de decembro de 1997, con todo, as derrotas pola mínimo os dous días seguintes fronte ao Eisbären Berlin (4-5) e HC Košice (5-4) relegaron ao equipo finlandés á terceira posición.
A nivel individual, Raimo Helminen foi nomeado mellor atacante do grupo final, mentres que o propio Helminen, Vesa Viitakoski e Peter Larsson foron os máximos puntuadores do grupo, xunto co xodor do Košice Rene Pucher, con seis puntos. Viitakoski foi o máximo goleador do grupo con seis goles, mentres que Helminen foi o máximo asistente con cinco asistencias.
2006-07
European Hockey League 1998-99 A prata conquistada na tempada 1997-98 da SM-liiga deulle o billete ao Ilves para disputar de novo a máxima competición continental, agora denominada European Hockey League
Champions Hockey League Tempada 2020-21
Tempada 2022-23
Fase de grupos miniatura| Xogadores de Ilves antes do partido fronte a Stavanger Oilers da quinta xornada da Champions Hockey League celebrado no Nokia Arena de Tampere.
EquipoPXPGOTWOTLPPGFGCDifPts 1. Fribourg-Gottéron 6 4 1 0 1 9 3 +7 14 2. Red Bull Salzburg 6 0 3 2 1 10 9 0 8 3. Stavanger Oilers 6 2 0 2 2 6 13 −5 8 4. Ilves 6 1 1 1 3 10 10 -2 6
Notas
Referencias
Categoría:Historia de Ilves