Karlskrona é un concello sueco (kommun) do condado de Blekinge. A súa capital é Karlskrona, que tamén é a capital do condado. En xuño de 2022 o concello tiña unha poboación de 66 588 habitantes.

O concello forma a parte oriental do landskap de Blekinge e cuns 1 000 quilómetros cadrados é o municipio máis grande do condado.

O municipio limita ao oeste co concello de Ronneby no condado de Blekinge, e ao norte cos concellos de Emmaboda e Torsås no condado de Kalmar. Ao nordés ten unha fronteira marítima co concello de Mörbylånga na illa de Öland.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Blekinge