Scolopax minor é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, e subfamilia dos escolopacios, unha das integradas no xénero Scolopax.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin.Scolopax minor Gmelin, 1789 no WoRMS. Consultado o 15 de setembro de 2022.Scolopax minor Gmelin, 1789 no GBIF. Consultado o 15 de setembro de 2022.Scolopax minor J. F. Gmelin, 1789 na BioLib. Consultada o 15 de setembro de 2022.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Scolopax.
O epíteto específico, minor, esta tirado do adxectivo latino minor, -ōris, "menor", "máis pequeno".
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Philohela minor (Gmelin, 1789) Rusticola minor
Hábitat e distribución Scolopax minor habita en áreas boscosas e mixtas forestal-agrícola-urbanas ao leste do Meridiano 98. Víronse espécimes até, polo norte, en Manitoba, e polo leste até o Labrador e Terra Nova.
No inverno migran cara ao sur, até os Estados da costa do golfo de México.
Características miniatura|150px|esquerda|Dous espécimes en Rhode Island
Esta especie norteamericana ten un corpo repoludo, as patas curtas, a cabeza grande e arredondada e un pico prénsil, longo e recto. Os adultos miden de 25 a 30 cm de longo e pesan de 140 a 230 g.Smith, Christopher (2000): Field Guide to Upland Birds and Waterfowl. Wilderness Adventures Press. ISBN 1-8851-0620-3, pp. 28–29.
As femias son considerabelmente máis grandes que os machos.Keppie, D. M. & R. M. Whiting, Jr. (1994): "American Woodcock (Scolopax minor)" en The Birds of North America. Nº 100. A. Poole and F. Gill, Eds. Philadelphia: The Academy of Natural Sciences; Washington, D.C.: The American Ornithologists' Union.
O pico ten unha lonxitude de 6,4 a 7,0 cm.Sheldon, William G. (1971): Book of the American Woodcock. University of Massachusetts.
A envergadura oscila entre os 42 e os 48 cm."American Woodcock Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology". En allaboutbirds.org.
Estado de conservación Esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución. A pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación (descenso > 30 % en dez anos ou tres xeracións). O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación (<10.000 individuos maduros cun descenso continuo estimado en >10% en dez anos ou tres xeracións) . Por estes motivos a especie é avaliada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2019): Scolopax minor na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 15 de setembro de 2022.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.
Outros artigos Caradriformes Escolopácidos Escolopacios Scolopax
Ligazóns externas American Woodcock en Cornell Lab of Ornithology. Robert Winkler: Rite of Spring. The phenomenal courtship flight of the American woodcock . American Woodcock Conservation Plan. A Summary of and Recommendations for Woodcock Conservation in North America .
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1789 Categoría:Aves de América do Norte