Maria Caccamo Caltabiano, nada en Giarre, Catania, o 9 de setembro de 1946, é unha numismática italiana especialista na iconografía da moeda da antiga Grecia e da Antiga Roma.
Traxectoria Maria Caccamo Caltabiano é profesora titular de Numismática Grega e Romana na Universidade de Messina desde 1994,"Curriculum di Maria Caltabiano Caccamo". Academia.edu e nesta institución dirixiu o departamento de Estudos Clásicos, entre 1998 e 2004."Maria Caltabiano Caccamo". Accademia Italiana di Studi Numismatici."Curriculum Vitae: Maria Caltabiano Caccamo ". International Numismatic Council."Caltabiano, Maria Caccamo". En Coins Weekly. 14 de decembro de 2016.
Entre os centros de interese máis salientables das súas investigacións está a iconografía da moeda da Antigüidade, sinaladamente na de Sicilia e a Magna Grecia, na republicana e na provincial romana e nas emisións tolemaicas, entre outras. A este respecto, é a fundadora e directora da serie editorial Semata e Signa. Studi di Iconografia monetale.
Para o estudo da iconografía monetaria, Maria cáccamo encabezou a creación do Lexicon Iconographicum Numismaticae Classicae et Mediae Aetatis (LIN), en colaboración coas universidades de Boloña, Xénova e Milán, e baixo o patrocinio do Consello Internacional de Numismática e a Accademia dei Lincei.
Entre outros proxectos, foi a promotora e a coordinadora do proxecto internacional de Difusión e Investigación da Moeda Antiga da Área Mediterránea (DRACMA), en colaboración co Museo Numismático de Atenas e co Museo Arqueolóxico de Chipre, e apoiado financeiramente pola Comisión Europea.
Caccamo é vicepresidenta do Consello Internacional de Numismática,"Committee of the INC ". International Numismatic Council. no seo do cal presidiu o comité organizador do XV Congreso Internacional de Numismática, celebrado en Taormina en 2015."Messina/Taormina 2015 ". International Numismatic Council.Kampmann, U. (2015). "15. Internationaler Numismatischer Kongress in Taormina". En Münzen Woche. 1 de outubro. Así mesmo, entre outras entidades é membro da Academia Italiana de Estudos Numismáticos e da Sociedade Numismática Italiana, e forma parte do comité científico do seu órgano de expresión, a Rivista Italiana di Numismatica.
Vida persoal Maria Caccamo Caltabiano está casada co profesor universitario de Física Carlo Caccamo —do que tomou o apelido—, con quen tivo tres fillas e un fillo.
Recoñecementos
(1994): Premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais."IAPN-Book Prize ". No sitio web de IAPN-AINP.
Publicacións Caccamo Caltabiano é autora de máis de 200 artigos e colaboracións en obras conxuntas, e tamén dalgúns traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes:"Caccamo Caltabiano, Maria". WorldCat Identities."Caccamo Caltabiano, Maria 1946- ". Digital Library Numis.
(1977). Una città del Sud tra Roma e Annibale. La monetazione di Petelia. Sophia, Palermo. (1992). Dalla premoneta alla moneta. Lessico monetale greco tra semantica e ideologia (con P. Radici Colace). ETS, Pisa. ISBN 978-8877416667 (1993). La monetazione di Messana, con le emissioni di Rhegion dell’età della tirannide. De Gruyter, Berlín-Nova York. ISBN 978-3110135275 (1997). Siracusa ellenistica. Le monete «Regali» di Ierone II, della sua famiglia e dei siracusani (con B.Carroccio e E. Oteri E.). Università degli Studi di Messina. ISBN 978-8882680008 (2007). Il significato delle immagini. Codice di comunicazione e immaginario della moneta antica. Falzea Editore, Reggio Calabria. ISBN 9788882962487 (2015). Survey of numismatic research: 2008-2013 (con C. Arnold-Biucchi). International Association of Professional Numismatists / International Numismatic Counicl. ISBN 9788897805427 (2015). XV International Numismatic Congress. Taormina 2015. Proceedings. Arbor Sapientiae, Roma. ISBN 978-88-94820-31-7
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Caltabiano, Maria Caccamo". En Coins Weekly. 14 de decembro de 2016.
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Catania Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes