Konrad Schneider, nado en Bogotá, Colombia, en 1950, é un numismático alemán.
Traxectoria Konrad Schneider cursou entre os anos 1969 e 1975 estudos superiores de Historia, Inglés e Lingüística na Universidade de Bonn, onde acadou o seu doutoramento en 1976."Dr. Konrad Schneider, Archivar". Frankfurter Histtorische Kommission.
Entre 1977 e 1979 formouse como arquiveiro científico no Arquivo da Capital de Renania do Norte-Westfalia, en Düsseldorf, e tamén na Escola de Arquivos de Marburgo. De 1979 a 1987 exerceu como arquiveiro científico no Arquivo Estatal de Hamburgo, posto que deixou en 1991, para exercer a xefatura do Departamento de Arquivos Modernos do Instituto de Historia Urbana de Frankfurt.
Paralelamente ao seu exercicio profesional como arquiveiro, Schneider realizou investigacións acerca da historia do diñeiro e a circulación monetaria locais, que deron lugar a un bo número de publicacións e polas que foi premiado en diversas ocasións.
Recoñecementos
(1997): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá."Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft. (2001): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte. (2016). Premio Saalburg de preservación da historia local."Konrad Schneider - Saalburgpreis für Geschichts- und Heimatpflege 2016". Numismatisches NachrichtenBlatt, 1. 2017.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Konrad Schneider ao longo da súa carreira:"Schneider, Konrad 1950- ". Digital Library Numis."Schneider, Konrad". WorldCat Identities.
(1977). Das Münzwesen in den Territorien des Westerwaldes, des Taunus und des Lahngebietes und die Münzpolitik des Oberrheinischen Reichskreises im 17. Jahrhundert, Urbar. ISBN 978-3980013208 (1983). Hamburgs Münz- und Geldgeschichte im 19. Jahrhundert bis zur Einführung der Reichswährung, Coblenza. ISBN 978-3923708000 (1986). "Banco, Species und Courant". Untersuchungen zur Hamburger Währung im 17. und 18. Jahrhundert, Coblenza. ISBN 9783923708031 (1990). Frankfurt und die Kipper- und Wipperinflation der Jahre 1619-1623. Frankfurt. ISBN 978-3782903950 (1995). Die Münz- und Währungspolitik des Oberrheinischen Reichskreises im 18. Jahrhundert, Coblenza. ISBN 3923708092 (2000). Der Mineralwasserversand und seine Gefäßproduktion im rheinisch-hessischen Raum vom 17. bis zum Ende des 19. Jahrhunderts, Coblenza. ISBN 3923708106
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Arquiveiros de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Alumnos da Universidade de Bonn Categoría:Personalidades sen imaxes