A gastrite é unha inflamación das mucosas gástricas. A palabra procede do grego γαστήρ (gastēr, gastro = ventre, estómago) e -ίτις (-itis, -ite = inflamación). Dependendo da causa, pode persistir de forma aguda ou crónica e pode coincidir con outras enfermidades graves como a atrofia do estómago.

Causas As causas coñecidas da gastrite son:

Infección bacteriana (principalmente Helicobacter pylori e outras bacterias Helicobacter). Infección fúnxica. Infección parasitaria (por exemplo por mariscos pouco cocidos). Infección viral. Refluxo biliar. Fármacos antiinflamatorios non esteroides. Tabaquismo Trastornos autoinmunes. Consumo excesivo de alcol. Algúns alérgenos. Algúns tipos de radiación.

Síntomas Síntomas que poden resultar da gastrite:

Dor abdominal. Hemorraxia gástrica. Hipoclorhidria. Anorexia. Eructos, arrotos. Náuseas. Vómitos. Febre. Cansazo.

Prevención Evítese o uso de medicamentos irritantes como antiinflamatorios e aspirinas, acudir a un médico xa que os fármacos sen receita alivian a dor pero non curan o estómago. Evitar o abuso de bebidas alcohólicas e tabaco. Existen controversias sobre o hábito de beber café e té negro que inflúe na gastrite, polo que o seu consumo debería depender da tolerancia individual.

A mellora das condicións sanitarias, o tratamento da auga para o consumo doméstico, a hixiene persoal (lavado de mans antes de tocar os alimentos), o coidado na preparación e conservación dos alimentos, diminúe significativamente o número de vítimas de intoxicación alimentaria (gastroenterite).

Tratamento O tratamento está relacionado co axente causante. Nos casos de gastrite aguda asociada ao uso de fármacos antiinflamatorios, a súa suspensión e/ou substitución, asociada ao uso de fármacos que neutralicen, inhiban ou bloqueen a secreción de ácido estomacal, é o tratamento básico.

A endoscopia, máis utilizada nos casos de gastrite aguda acompañada de hemorraxia, ademais de poder facer o diagnóstico, pode deter o sangrado aplicando diversos tratamentos locais. Non existe consenso sobre a vantaxe de tratar a bacteria Helicobacter pylori cando hai gastrite sen úlcera, xa que non se observou unha mellora significativa nos síntomas dixestivos. Nos casos en que existe unha indicación de tratamento para a erradicación da bacteria, este consiste na administración de antibióticos e bloqueadores da produción de ácido gástrico. O tratamento da gastrite consiste en eliminar as súas causas e utilizar medicamentos baixo supervisión médica. Algúns exemplos de remedios para a gastrite son omeprazol, ranitidina e cimetidina, pero unha nutrición adecuada é moi importante para un tratamento exitoso.

A gastrite ou inflamación da mucosa do estómago, ademais de estar relacionada co consumo de alcohol, tamén se pode xerar por infeccións e pola acción de antiinflamatorios non esteroides (como a aspirina). "Nestes casos, comer amorodos durante ou despois da patoloxía podería aliviar a lesión na mucosa gástrica", suxeriu Maurizio Battino, coordinador do grupo de investigación da Universidade Politécnica das Marcas, en Italia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Zume gástrico Ácido clorhídrico

Categoría:Doenzas