Hörby é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania. A súa capital é Hörby, que tamén é a área urbana máis grande do municipio. O concello limita cos municipios de Eslöv ao oeste, Höör ao noroeste, Hässleholm ao norte, Kristianstad ao leste, Tomelilla ao sueste e Sjöbo ao sur. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 15 562 habitantes.
Administración histórica A área do concello correspóndese coa das parroquias de Fulltofta, Hörby, Lyby, Långaröd, Svensköp, Södra Rörum, Västerstad, Äspinge, Östra Sallerup e Östraby. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Hörby estableceuse o 20 de decembro de 1894 e disolveuse en 1900 cando naceu o köping de Hörby como unha escisión do concello rural de Hörby.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse, a través de fusións de concellos rurais, os novos municipios rurais de Bjärsjölagård e Östra Frosta, así como unha extensión do concello rural de Långaröd. O köping permaneceu sen cambios.
En 1969 os concellos rurais de Östra Frosta e Långaröds incorporáronse ao köping de Hörby. O concello de Hörby fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping do mesmo nome. En 1974 uniuse unha parte do concello de Bjärsjölagård (Västerstad e Östraby).
Dende o seu nacemento ata o 15 de abril de 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Eslöv, e dende entón ao de Lund.
Xeografía O concello de Hörby atópase no centro do condado de Escania e limita co concello de Eslöv ao oeste, co de Höör ao noroeste, co de Hässleholm ao norte, co de Kristianstad ao leste, co de Tomelilla ao sueste, e co de Sjöbo ao sur.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania