Härjedalen (Herjedaelien tjïelte en saami meridional) é un municipio sueco (kommun) do condado de Jämtland. A súa capital é a localidade de Sveg. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 10 175 habitantes.

Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hede (unha parte), Lillhärdal, Linsell, Sveg, Tännäs, Vemdalen, Ytterhogdal, Älvros e Överhogdal. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.

No ano 1895unha parte do concello rural de Hede separouse para formar o concello rural de Storsjö (no presente parte do municipio de Berg) e no ano 1925 separouse o de Ängersjö do municipio de Ytterhogdal.

A localidade municipal de Svegsmon estableceuse o 31 de decembro de 1908 no concello rural de Sveg, disolvéndose a finais de 1936 cando se formou o köping de Sveg.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: o concello rural de Hede (mediante a fusión dos antigos municipios rurais de Hede e Vemdalen), o de Hogdal (a partir dos de Ytterhogdal, Ängersjö e Överhogdal) e o de Sveg (de Linsell, Sveg e Älvros), mentres que os municipios de Lillhärdal e Tännäs e o köping de Svegquedaron sen cambios. Porén, en 1967 o concello rural de Sveg integrouse no köping de Sveg.

Coa reforma municipal de 1971 creáronse os municipios de Hede, Hogdal, Lillhärdal, Tännäs e Sveg a partir dos correspondentes concellos rurais e do köping de Svegs. O municipio de Härjedalen naceu en 1974 tras a fusión de todos eses concellos.

Xeografía O concello de Härjedalen atópase no sur do condado de Jämtland e limita ao norte co municipio de Berg, tamén en Jämtland, ao nordés co de Ånge, no condado de Västernorrland, ao leste co de Ljusdal, no condado de Gävleborg, e ao sur cos de Mora e Älvdalen no condado de Dalarna. No oeste o concello fai fronteira con Noruega.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jämtland