Oleg Iurievich Atkov, nado en Khorostianka, Samara, o 9 de maio de 1949, é un cosmonauta e cardiólogo soviético e ruso retirado que formou parte das misións Soiuz T-10 e Soiuz T-11.
Traxectoria Atkov graduouse no Primeiro Instituto Médico Ivan M. Setshenov de Moscova en 1973 e doutorouse en cargioloxía pola Academia de Ciencias Médicas de Moscova en 1978. Adestrou para ser cosmonauta entre xuño e setembro de 1983, participando nas misións Soiuz T-10 e Soiuz T-11 e pasando un total de 236,95 días no espazo a bordo da estación Saliut 7. Entre 1989 e 1996 foi director adxunto do departamento de ciencias biolóxicas da Universidade Internacional do Espazo en Estrasburgo (Francia). A partir de 1991 foi tamén profesor do Instituo de Cardioloxía Clínica e a partir do 2000 foi especialista en telemedicina para a Comisión Europea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz T-10 Soiuz T-11 Saliut 7
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados no óblast de Samara