Michael Hazen James McIntyre , nado o 21 de febreiro de 1976, é un cómico, actor e presentador de televisión británico. En 2012, foi o comediante máis taquilleiro do mundo.
Carreira
En teatros e locais de concertos
O 20 de abril de 2013, McIntyre presentou o show de comedia máis grande de África para 9.000 fans en Johannesburgo. En 2015, McIntyre fixo unha xira polo Reino Unido e Irlanda coa súa xira "Happy & Glorious". En febreiro de 2016, fixo unha xira por Noruega e en outubro dese ano levouna a Australia. En 2018 converteuse no artista máis vendido da historia do O2 Arena, vendendo máis de 400.000 entradas en 28 espectáculos, o que superou o récord anterior de Take That. http://www.chortle.co.uk/news/2018/10/05/41412/michael_mcintyre_breaks_o2_record
Radio e televisión Aos 13 anos foi a súa primeira aparición na BBC, facendo unha pregunta desde o público ao grupo pop Five Star. En 2009, apareceu no programa Top Gear.
Ademais da stand-up comedy (espectáculo de pé), McIntyre presentou o seu propio programa cómico na BBC One, Michael McIntyre, Comedy Roadshow, presentou tres episodios de Live at the Apollo e, en 2011, foi xuíz en Britain's Got Talent con David Hasselhoff e Amanda Holden, substituíndo a Piers Morgan e Simon Cowell. McIntyre anunciou que deixaría o programa despois de aparecer nunha serie. En 2010 e 2014, McIntyre organizou a Royal Variety Performance na canle ITV. Xa tiña actuado anteriormente no programa dúas veces: en 2006 e 2008.
Na década de 2020 presenta a súa propia serie os sábados pola noite, Michael McIntyre's Big Show na BBC One.
Na radio apareceu en programas da BBC Radio, na BBC Radio 2, BBC 6 Music, BBC Radio 1 e BBC Radio 4, en programas como Heresy, 4 Stands Up, Happy Mondays, The Unbelievable Truth e Desert Island Records.
Obra publicada En 2010, McIntyre publicou a súa autobiografía, "Life and Laughing: My Story".
Premios Ano Categoría Recompensa Resultado 2003 Premio Perry Mellor Revelación Nomeado 2007 Premios Chortle Mellor cabeza de cartel Nomeado 2008 Premios Chortle Mellor cabeza de cartel Gañado Premios británicos de comedia Mellor Stand-up en directo Nomeado 2009 Premios británicos de comedia Mellor personalidade de entretemento e comedia Nomeado Premios británicos de comedia Mellor Stand-up Gañado Premio G.Q Mellor humorista Gañado 2010 Premios Nacionais de Televisión Mellor anfitrión de entretemento Nomeado Premios Chortle Mellor xira Gañado Premios RTS Mellor anfitrión de entretemento Nomeado Premios BAFTA actuación de entretemento Nomeado Premios británicos de comedia Mellor cómico de televisión masculino Gañado 2012 Premios Nacionais de Televisión Mellor espectáculo de entretemento (Michael McIntyre Stand-Up Comedy) Gañado BAFTA Mellor programa de entretemento (Michael McIntyre's Christmas Comedy Roadshow ) Nomeado 2014 Premios Nacionales de Televisión Mellor programa de conversación (The Michael McIntyre Chat Show) Nomeado 2016 Premios Billboard Touring Mellor xira de comedia Nomeado 2017 BAFTA Mellor actuación de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Gañado BAFTA Mellor espectáculo de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Nomeado 2018 BAFTA Mellor actuación de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Nomeado BAFTA Mellor espectáculo de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Nomeado
Vida persoal McIntyre reside en Hampstead, Londres, coa súa muller aromaterapeuta, Kitty, filla do falecido actor Simon Ward e a irmá da actriz Sophie Ward. A parella ten dous fillos, Lucas e Oscar. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Humoristas do Reino Unido