María Dolores González-Chamadoira Pérez, coñecida como Chamadoira do Casal, nada en Vigo en 1947, é unha mestra e escritora galega.

Traxectoria Pasou a súa infancia e mocidade en Cangas de Morrazo. É mestra nacional dende 1982, na especialidade de filoloxía española e francesa. Colaborou nas revistas ANFACO e Mar de Noia.

Obras

O fume do loureiro, 2005.

O vento do Noroés, 2011.

Un globo de novelos, 2016.

O asubío do tempo, 2019. Obras colectivas

O Padre Seixas desde dentro, 2013.

Pregoeiro da Irmandade, 2015. Véxase tamén Ligazóns externas María Dolores González-Chamadoira Pérez na Biblioteca virtual de Galiciadigital.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1947