Falköping é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland. Anteriormente estaba no desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital é a localidade de Falköping. En decembro do ano 2024 a súa poboación era de 32 806 habitantes.

A área que conforma o concello inclue as montañas de Västgötabergen. O leito rochoso do municipio está formado por partes de pedra calcaria, o que contribuíu a unha chaira sedimentaria fértil e cultivada. A agricultura foi unha industria importante para o desenvolvemento da área de Falbygden e posteriormente deu lugar a empregos, entre outras cousas, en empresas de servizos e na industria alimentaria.

Xeografía O concello está situado no leste do landskap de Västergötland. O río Lidan atravesa o suroeste do municipio dende o sur nunha curva cara ao oeste. Falköping limita ao noroeste cos concellos de Vara e Skara, ao nordés co de Skövde, ao leste co de Tidaholm, ao sueste co de Mullsjö, ao sur co de Ulricehamn e ao oeste co municipio de Herrljunga.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland