Alexandre Cabanel, nado en Montpellier o 28 de setembro de 1823 e finado en París o 23 de xaneiro de 1889, foi un pintor francés, representante do neoclasicismo académico. Dedicouse a temas históricos, mitolóxicos e relixiosos. Tamén foi un excelente acuarelista e autor de retratos, paisaxes e composicións decorativas.
Traxectoria En 1840 ingresou na École des Beaux Arts, onde foi alumno de Picot. Máis tarde sería nomeado profesor desta famosa escola. Actuou varias veces no Salón de París e recibiu unha medalla de segunda clase en 1852, unha medalla de primeira clase en 1855 e dúas veces unha medalla de honra (en 1865 e 1867).
Foi amigo de Napoleón III e recibiu o encargo de pintar obras importantes para a decoración dos pazos imperiais.
En París foi un dos mestres de pintores franceses como Étienne Terrus (da Cataluña Norte ou Rosellón) e portugueses como António da Silva Porto, João Marques de Oliveira, Horácio Hora, Rodolfo Amoedo e Almeida Júnior.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
BENEZIT, E. Dicionario, etc. París, Gründ, 1999.
Categoría:Nados en Montpellier Categoría:Pintores do Neoclasicismo Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1889