Thomas Gwyn Jones, máis coñecido como T. Gwynn Jones ou T. Gwynn, nado o 10 de outubro de 1871 en Gwyndy Uchaf, Betws yn Rhos en Denbighshire (actual Conwy) e finado o 7 de marzo de 1949, foi un xornalista, bardo e novelista galés. Foi un escritor versátil que fixo unha contribución moi importante á literatura galesa e aos estudos estudos do folclore na primeira metade do século XX. Tamén foi un hábil tradutor de alemán, grego, irlandés e inglés. A súa sepultura está no cemiterio de Heol Llanbadarn.
Traxectoria Era fillo de Issac e Jane Jones. Casou con Margaret Jane Davies en 1899.
T. Gwynn Jones tivo a súa primeira educación en Denbigh e Abergele. Converteuse en subeditor de Baner ac Amserau Cymru (Y Faner) en 1890. Escribiu unha excelente biografía do editor liberal Thomas Gee, que é un espello do seu tempo e da súa obra. En 1894 trasladouse a Liverpool e converteuse en subeditor de Isaac Foulkes. En 1898 foi subeditor de Yr Herald e do Caernarvon and Denbigh Herald. Daquela era editor en Papur Pawb. En 1905, pasou varios meses en Exipto -Alexandría e O Cairo- para tratar de aliviar un diagnóstico de tuberculose. En 1908 foi un dos fundadores de Clwb Awen a Chân en Caernarfon.
Foi traballar para a Biblioteca Nacional de Gales en Aberystwyth en 1909 despois de anos de xornalismo, e despois foi profesor no departamento de galés da Universidade de Gales, Aberystwyth. En 1919 converteuse en profesor de literatura galesa nesa facultade até a súa xubilación en 1937.
Gañou a cadeira (cadair) no Eisteddfod en Bangor en 1902 pola súa Ymadawiad Arthur ("Oda á partida de Artur"), e tamén no Eisteddfod de Londres en 1909.
Foi galardoado co D. Lit. da Universidade de Gales e Universidade de Irlanda, ambas en 1938. Foi un firme opositor á Primeira guerra mundial. Saíu da Capela Tabernacl de Aberystwyth, cando o ministro rezou pola vitoria de Gran Bretaña na guerra.
Galería
Bibliografía seleccionada
Libros de T. Gwynn Jones
Astudiaethau (1936) (trans.), Awen y Gwyddyl (1922) – Poesía traducida do irlandés Bardism and Romance (1914) Beirniadaeth a Myfyrdod (1935) (trans.), Blodau o Hen Ardd (1927) – tradución do grego Brethyn Cartref (1913) Brithgofion (1944) Caniadau (1934) Cofiant Thomas Gee (1913) Cymeriadau (1933) Y Dwymyn (1944) Dyddgwaith (1937) Eglwys y Dyn Tlawd (1892) Emrys ap Iwan. Cofiant (1912) (trans.), Faust by Goethe (1922) Gwedi Brad a Gofid (1898) (ed.) Gwaith Tudur Aled, 2 vols., (1926) Gwlad y Gân a cherddi eraill (1902) John Homer (novela, 1923) Lona (novela, 1923) Llenyddiaeth Y Cymry (1915) Rhieingerddi'r Gogynfeirdd (1915) (trans.) Visions of the Sleeping Bard (1940) Welsh Folklore and Welsh Folk-custom (1930)
Crítica e estudos
Owen Williams, A Bibliography of Thomas Gwynn Jones (Wrexham, 1938) "Thomas Gwynn Jones Memorial Edition", Y Llenor vol. 28 (verán de 1949) W. Beynon Davies, Thomas Gwynn Jones (Cardiff, 1970) D. Ben Rees, Fifteen Men of Twentieth Century Literature (Pontypridd, 1972) Derek Llwyd Morgan, The Poetry of Thomas Gwynn Jones: A Study (Llandysul, 1972) David Jenkins, Thomas Gwynn Jones - Memoir (Gee Press, 1973) D. Hywel E. Roberts, Llyfryddiaeth T. Gwynn Jones (Cardiff, 1981) Gwynn ap Gwilym (ed. ), Thomas Gwynn Jones (Llandybye, 1982) David Jenkins (ed. ), Bro a Bywyd: T. Gwynn Jones 1871-1949 (Cardiff, 1984) Alan Llwyd, Byd Gwynn: A Memoir of T. Gwynn Jones, 1871-1949 (Aberystwyth, 2019)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Literatura galesa
Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en 1871 Categoría:Escritores de Gales Categoría:Escritores en lingua galesa Categoría:Tradutores ao inglés