Andrés Picallo Maceiras, nado en Sillobre (Fene), en 1931 e falecido na mesma vila en agosto de 2022, foi un obreiro, promotor cultural, dramaturgo e director teatral amador galego.
Traxectoria Profesionalmente traballou como axudante nunha botica e posteriormente nos estaleiros de Astano. Empezou a facer teatro nos estaleiros, primeiro da man de Andrés Bellón e logo con Francisco Martínez. Como promotor cultural fundou en 1970 o grupo de teatro amador da sociedade cultural, recreativa e deportiva Agarimo, na súa vila natal, que se fundara só uns meses antes que dirixiu moitos anos e onde tamén participou como actor e, especialmente, como dramaturgo. Formou parte do Real Coro Toxos e Froles, de Ferrol, e organizara, a canda Xosé María Pérez Parallé, a celebración do primeiro día das Letras en Fene, en 1963 (no Círculo Mercantil de Fene).
Obra A súa obra consiste fundamentalmente en obras representadas polo grupo Agarimo e permanece inédita. A impostora (2010) Dous ligues para unha noite Alma en pena (2014) Vaia panda de ladróns (2015) Aquí mando eu (2020)
Notas
Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes