José Pelisio González, nado en Ourense cara a 1866, foi un xornalista, escritor e comerciante galego.
Traxectoria Fillo de Lisardo Pelisio e Vicenta González. Emigrou a Cuba. Instalouse en Cienfuegos onde rexentou a xastrería e camisería El Gran Oriente.Follas novas, 12-2-1899, p. 3. Por conflitos cos dirixentes da colonia española de Cienfuegos, marchou a México en 1900. Instalouse en Mérida do Iucatán. Visitou Galicia en 1902 para asistir á coroación do rei representando aos periódicos El Hogar da Habana e El Eco del Comercio de Mérida.La Voz de Galicia, 29-3-1902, p. 2. En Mérida fundou e dirixiu o periódico El Español durante dous anos. En 1906 volveu visitar España e Galicia.El Correo de Galicia, 23-7-1906, p, 2. De Mérida marchou a Cidade de México e dedicouse ao comercio e a industria, rexentando a xastrería Champion Peliso, e fundou o periódico El Eco que foi suspendido pola ditadura de Porfirio Díaz obrigándoo a saír do país en marzo de 1911.Galicia, 25-3-1911, p. 7."Brisas aztecas", El Noroeste, 30-4-1911, p. 1. Marchou a Cuba, desde onde embarcou para pasar unha temporada en Galicia antes de partir á Arxentina en xullo, onde se radicou.Galicia, 8-4-1911, p. 3-4. En Buenos Aires foi redactor de Nova Galicia e do Boletín Oficial del Centro Gallego de Avellaneda onde publicou o "A primeira liomosna. Un recuerdo de México", e colaborou en La Iberia. Traballou como xastre e foi representante de Galicia e correspondente en Buenos Aires de La Prensa da Habana.
Obras Males que aquejan a la Colonia Española en América. Su remedio. Homenaje al príncipe de los Ingenios Españoles.
Vida persoal
Casou con Presentación de Lema Fallón, de Lugo, coa que tivo dúas fillas, María del Rosario e Guadalupe Pelisio de Lema;Nova Galicia, 29-9-1912. p. 2.Nova Galicia, 6-10-1912. p. 2. volveu casar en Buenos Aires con Edelmira Carreras en novembro de 1912.Boletín oficial del Centro Gallego, 15-12-1912, p. 21. Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos de México Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1866