A batalla do Ebro (en castelán: Batalla del Ebro, en catalán: Batalla de l'Ebre) foi a batalla máis longa e cruenta da guerra civil española. O combate foi librado entre xullo e novembro de 1938 principalmente en dúas comarcas catalás situada ao longo do río Ebro: a Terra Alta e Matarranya.

A batalla rematou coa derrota das forzas republicanas que non lograron frear o avance das tropas do bando nacional. Durante décadas estouparon bombas da batalla e os agricultores da zona atoparon cadáveres dos mortos en combate. Os incendios na zona de verán do 2022 en Corberá d'Ebre deixaron descubertos restos óseos dos corpos dos soldados en vinte fosas comúns.

A batalla ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Batalla_Ebro.png/290px-Batalla_Ebro.png|miniatura| Mapa da batalla do Ebro|esquerda En 1938, despois de case dous anos de guerra civil, o avance das forzas nacionalistas dirixidas por Francisco Franco conquistara case todo o país. As tropas republicanas, desgarradas polas divisións ideolóxicas, o escaso apoio internacional e as numerosas derrotas, tentaron defender as poucas rexións que aínda estaban baixo o seu control, en particular Cataluña e a Comunidade Valenciana.

O 25 de xullo de 1938 as forzas republicanas comandadas polo coronel Juan Modesto lanzaron unha ofensiva polo río Ebro, collendo por sorpresa aos nacionalistas de Franco e avanzando cara á cidade de Gandesa (uns 25 km ao oeste do río).

Os soldados republicanos, porén, non estaban equipados con artillaría pesada e, unha vez cruzado o río, carecían de medios de transporte suficientes. A diferenza dos nacionalistas (que recibiran medios e homes da Alemaña nazi e da Italia fascista), ademais, non podían contar co apoio aéreo.

Despois dun mes de loita, o desenlace da batalla e a vitoria dos franquistas era xa unha conclusión inevitable. As forzas republicanas sufriran grandes perdas pero o primeiro ministro Juan Negrín, ante a perspectiva dunha derrota total, ordenoulles que resistisen.

O enfrontamento converteuse, pois, en guerra de trincheiras e, a longo prazo, a superioridade en número de soldados e en armamento dos nacionalistas foi decisiva.

O fin da guerra ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Monument-cota705.JPG/290px-Monument-cota705.JPG|miniatura| Monumento levantado en memoria dos caídos na Cota 705 .A derrota do exército republicano no Ebro supuxo, de feito, o inicio da fin da Guerra civil española. Os combates continuaron até abril de 1939 pero o destino do conflito estaba agora sen dúbida a favor de Franco.

A Batalla do Ebro foi a última librada polas Brigadas Internacionais que, por orde do Comité de Non Intervención, foron disoltas. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Thomas, Hugh. The Spanish Civil War. Penguin Books. 2001. Londres. p. 813 Beevor, Antony. The battle for Spain. The Spanish Civil War 1936-1939. Penguin Books. Londres. 2006. p. 350 Jackson, Gabriel. The Spanish Republic and the Civil War, 1931-1939. Princeton University Press. Princeton. 1967. p. 528 Preston, Paul. The Spanish Civil War. Reaction, Revolution & Revenge. Harper Perennial. Londres. 2006. p. 291 Henry, Chris. The Ebro 1938: Death knell of the Republic. Osprey Campaign Series #60. Osprey Publishing (1999). C.Ed: David G. Chandler. ISBN 1-85532-738-4

Outros artigos

Bando nacionalista Exército Republicano Popular Brigadas internacionais Aviación Lexionaria

Categoría:Batallas da guerra civil española Categoría:1938