Mário César Cardoso de Pinna é un ictiólogo brasileiro.

Traxectoria Graduado en Bioloxía pola Universidade Federal do Rio de Janeiro en 1988, e Doutor en Bioloxía Evolutiva pola Universidade da Cidade de Nova York en 1993. en escavador.com.Mário César Cardoso de Pinna en Museu de Zoologia da USP.

En 2000 foi docente na Universidade de São Paulo. As súas actividades de investigación en zooloxía, céntranse na ictioloxía, especialmente na sistemática e na filoxenia dos siluriformes e os clupeiformes. Así mesmo algunhas das súas actividades tamén son a sistemática teórica e a popularización da teoría da evolución.

Foi investigador asociado no Museo Americano de Historia Natural (Nova York) e na Smithsonian Institution (Washington, DC), e profesor visitante e investigador no Museo Nacional de Historia Natural de Francia (París) desde 2014 a 2015.

Tamén exerce como editor asociado do Zoological Journal of the Linnean Society da Sociedade Linneana de Londres e Papeis Avulsos de Zoologia e é membro do consello editorial do International Journal of Ichthyology e da Revista Brasileira de Zoologia.

Actualmente é profesor titular do Museu de Zoologia da Universidade de São Paulo.

Co seu colega Naércio Aquino de Menezes foi o descritor da nova especie Pristigaster whiteheadi.Pristigaster whiteheadi Menezes & de Pinna, 2000 no WoRMS.Pristigaster whiteheadi Menezes & de Pinna, 2000 na BioLib.

Algunhas publicacións Mário de Pinna, Jansen Zuanon, Lucia Rapp Py-Daniel & Paulo Petry (2017): "A new family of neotropical freshwater fishes from deep fossorial Amazonian habitat, with a reappraisal of morphological characiform phylogeny (Teleostei: Ostariophysi)". Zoological Journal of the Linnean Society 182 (1): 76–106. (Resume). Meneces, N. A. & M. C. C. de Pinna (2000): "A new species of Pristigaster, with comments on the genus and redescription of P. cayana (Teleostei: Clupeomorpha: Pristigasteridae)". Proceedings of the Biological Society of Washington 113 (1): 238-248.

Algúns taxons nomeados por de Pinna Ammoglanis pulex Copionodon Copionodon lianae Copionodon orthiocarinatus Copionodon pecten Copionodontinae Glaphyropoma rodriguesi Glaphyropoma spinosum Pristigaster whiteheadi

Abreviatura A abreviatura de Pinna emprégase para recoñecer a Mário César Cardoso de Pinna como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Peter Moon (6 de febreiro de 2018): Descoberta nova família de peixes amazônicos, a primeira em 40 anos.

Categoría:Científicos do Brasil Categoría:Ictiólogos do Brasil Categoría:Alumnos da Universidade Federal do Río de Xaneiro Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade de São Paulo Categoría:Nados en ano descoñecido