Robert Burton nado en Lindley o 8 de febreiro de 1577 e finado en Oxford o 25 de xaneiro de 1640 foi un ensaísta inglés. É coñecido por ser o autor de The Anatomy of Melancholy ("A anatomía da melancolía", título orixinal completo: The Anatomy of Melancholy, What it is: With all the Kinds, Causes, Symptomes, Prognostickes, and Several Cures of it. In Three Maine Partitions with their several Sections, Members, and Subsections. Philosophically, Historically, Opened and Cut up), publicado en 1621 co pseudónimo de Democritus junior. Traxectoria Robert Burton obtivo un doutoramento na Universidade de Oxford e permaneceu en Oxford como pastor protestante. Era un home moi erudito, cunha profunda cultura humanística, e destes dotes deixou pegadas en A anatomía da melancolía, obra interesante e humorística, da que apareceron seis edicións entre 1621 e 1651, cada unha delas en aumento respecto á anterior. Inicialmente, Burton propúxose como obxectivo analizar a melancolía, investigando as súas causas e efectos. Non obstante, fixo adicións e correccións varias veces, aumentando o volume varias veces. Como resultado, o libro abrangue moitas máis áreas da vida humana, incluíndo a ciencia, a historia, a política e a reforma social.
Na parte da anatomía dedicada á paixón amorosa, Burton cita un fragmento da obra de Filóstrato: a historia da lamia, que adquiriu un aspecto feminino e seduciu ao novo filósofo. Moito máis tarde, en 1819, esta trama da historia de Burton inspirou ao romántico inglés John Keats a escribir o poema Lamia.
A súa prosa, chea de citas en latín e grego, ten un carácter estrambótico. A pesar do seu sentido do humor, Burton non podía ocultar a inquietude que lle espertaba a súa patoloxía depresiva. A primeira edición en inglés tiña 900 páxinas e contiña 350000 palabras; a última tiña 1500 páxinas e contiña máis de 500000 palabras. No texto contabilizáronse 13333 citas de 1598 autores diferentes.
Burton tamén é autor de Philosophaster, unha comedia satírica en latín.
ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1f/The_Anatomy_of_Melancholy_by_Robert_Burton_frontispiece_1638_edition.jpg/220px-The_Anatomy_of_Melancholy_by_Robert_Burton_frontispiece_1638_edition.jpg|miniatura| A anatomía da melancolía, Frontispicio da edición de 1638|centro
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Jean Starobinski (editor), Anatomy of melancholy: introduction, Venecia: Marsilio, 1983. Mauro Simonazzi, La malattia inglese. La melanconia nella tradizione filosofica e medica dell'Inghilterra moderna, Boloña, Il Mulino, 2004. JR Simon, Robert Burton et l'Anatomie de la Mélancolie, París, Didier, 1964. Lawrence Babb, Sanity in Bedlam. A Study of Robert Burton's Anatomy, East Lansing, Michigan State University Press, 1959. B. Evans, The Psychiatry of Robert Burton, Nova York, Columbia University Press, 1944.
Ligazóns externas
The Anatomy of Melancholy by Robert Burton - (Libro electrónico en gutenberg.org)
Categoría:Finados en 1640 Categoría:Nados en 1577 Categoría:Ensaístas Categoría:Escritores de Inglaterra