Basil J. Hiley, nado en Myanmar o 15 de novembro de 1935 e finado o 25 de xaneiro de 2025, foi un físico británico. Foi profesor na Universidade de Londres.

Traxectoria

Primeiros anos Fillo dun soldado británico, marchou a Inglaterra aos doce anos. Estudou no King's College de Londres, onde obtivo o doutoramento en 1962 con Cyril Domb e Michael Fisher.

Docencia e investigación En 1961 foi profesor no Birkbeck College, onde David Bohm era profesor. Comezou a traballar con el, con quen publicou o libro póstumo The Undivided Universe en 1993 (Bohm finou en 1992), que se considera a principal referencia para a interpretación de Bohm da teoría cuántica.

O traballo de Bohm e Hiley caracterizouse por abordar principalmente a cuestión de "se podemos ter unha concepción adecuada da realidade dun sistema cuántico, sexa esta causal ou sexa estocástico ou sexa de calquera outra natureza" e se enfronte ao reto científico de proporcionar unha descrición matemática dos sistemas cuánticos que coincida coa idea dunha orde implícita.

En 1995 obtivo unha cátedra no Birkbeck College de Londres.

Recoñecementos En 2012 recibiu o Premio Majorana "Best Person in Physics".

Obras

Coautor con David Bohm:

The Undivided Universe: An Ontological Interpretation of Quantum Theory, Routledge, 1993 An ontological basis of quantum theory I, Physics Reports, 144, 1987, 323-348

Coeditor con David Peat:

Quantum implications. Essays in Honor of David Bohm, Routledge, 1987

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina persoal

Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Nados en Myanmar Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2025