A Universidade da Cidade de Nova York (en inglés, City University of New York; CUNY; acrónimo pronunciado /ˈkjuːni/) é un consorcio de 11 universidades, seis 'colexios comunitarios', unha escola de posgrao que concede doutoramento, unha escola de Xornalismo e unha facultade de Dereito.
Máis de 450.000 estudantes adultos están matriculados en campus situados nos cinco distritos de Nova York.
CUNY é o terceiro consorcio universitario máis grande dos Estados Unidos por número de estudantes, só superado polos sistemas da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) e da Universidade Estatal de California (Cal State). CUNY e SUNY son sistemas universitarios separados e independentes, aínda que ambas son institucións públicas que reciben financiamento do Estado de Nova York; con todo, CUNY está financiado adicionalmente pola cidade de Nova York.
Historia CUNY creouse en 1961 fusionando o sistema municipal de universidades de Nova York e engadindo unha nova escola de posgrao. As institucións municipais que se fusionaron foron:
The Free Academy, fundada en 1847 por Townsend Harris, e que se converteu no City College of New York . The Female Normal and High School, fundada en 1870, máis tarde renomeada como Normal College primeiro e Hunter College en 1914. Hunter College expandiuse ao Bronx cun campus que máis tarde se independizou como Lehman College. Brooklyn College, fundado en 1930. Queen's College, fundado en 1937.
Os inicios de CUNY datan da formación da Academia Libre (TFA) en 1847 por Townsend Harris. A institución formouse como "unha Academia Libre co propósito de estender os beneficios da educación gratuíta ás persoas que foran alumnos das escolas comúns da cidade e do condado de Nova York". A Free Academy converteuse máis tarde no City College of New York, a institución máis antiga entre as que compoñen CUNY. Desde entón, pasou a ser sete colexios, catro escolas híbridas, seis colexios comunitarios, así como escolas de posgrao e programas profesionais.
CUNY atendeu historicamente a un corpo diverso de estudantes, especialmente aqueles que están excluídos ou non poden pagar as universidades privadas. CUNY proporcionou unha educación gratuíta para os pobres, a clase traballadora e os inmigrantes da cidade de Nova York até 1975, cando a crise fiscal da cidade obrigou a impoñer unha taxa de matrícula. Moitos académicos e intelectuais xudeus estudaron e ensinaron na CUNY na era posterior á Segunda guerra gundial, cando as universidades da Ivy League, como a Universidade de Yale, discriminaban aos xudeus.Véxase, p. ex., CUNY tivo a reputación de ser "o Harvard do proletariado".
Ao longo da súa historia, CUNY e os seus colexios, especialmente o City College of New York (CCNY), estiveron implicados en varios movementos políticos. Foi coñecido como un fervedoiro de apoio socialista no século XX. CUNY apoiou varias conferencias, como a Conference of Socialist Scholars.Cf. notas do reitor de CUNY Murphy aos líderes da Conferencia de académicos socialistas,
A tradición de diversidade de CUNY continúa hoxe, cunha grande proporción do seu alumnado formada por novos inmigrantes á cidade de Nova York procedentes de 171 países.
Edificios
CUNY School of Medicine, Facultade de Medicina.
Unidades académicas de CUNY NomeDistrito Fundación TipoN.º de estudantes Homes % Mulleres %Sitio WebNotasBaruch CollegeManhattan1968Sénior16.09748%52%Bronx Community CollegeBronx1957Júnior9.00338%62%Brooklyn CollegeBrooklyn1930Sénior16.08737%63%College of Staten IslandStaten Island1976Sénior12,51739%61%Resultado da fusión do Richmond College (1965) e o Staten Island Community College (1955).New York City College of TechnologyBrooklyn1946Sénior13.50251%49%CUNY Graduate CenterManhattan1961posgrao4.54343%57%CUNY Graduate School of JournalismManhattan2006posgrao9938%62%Hostos Community CollegeBronx1968Júnior5,11229%71%Hunter CollegeManhattan1870Sénior20.84530%70%John Jay College of Criminal JusticeManhattan1964Sénior14.84140%60%Orixinalmente, coñecido como College of Police Science.Kingsborough Community CollegeBrooklyn1963Júnior14.96242%58%La Guardia Community CollegeQueens1971Júnior15.16938%62%Lehman CollegeBronx1968Sénior10,92228%72%Previamente, rama do Hunter College no Bronx.William E. Macaulay Honors CollegeManhattan2001Sénior1.300··Manhattan Community CollegeManhattan1963Júnior19.25940%60%Medgar Evers CollegeBrooklyn1969Sénior5.55025%75%Queens CollegeQueens1937Sénior18.72837%63%Queensborough Community CollegeQueens1958Júnior13.35943%57%Transferida a CUNY do sistema SUNY en 1965.Escola Sophie Davis de Educación BiomédicaManhattan1973posgrao425··Escola de Leis da Universidade da Cidade de Nova YorkQueens1983posgrao42035%65%Escola CUNY de Estudos profesionaisManhattan2003posgrao82629%71%Escola CUNY de Saúde PúblicaManhattan2008posgrao···City College of New YorkManhattan1847Sénior14.39248%52%York CollegeQueens1966Sénior6.72733%67%
Exalumnos destacados CUNY conta con exalumnos prominentes nos máis diversos campos, desde a política á medicina, entre eles Colin Powell, ex Secretario de Estado; Jonas Salk, inventor da primeira vacina contra a poliomielite; Ralph Lauren, deseñador de moda; Jennifer Lopez, cantante e actriz de orixe portorriqueña; Tarkan, cantante turco; Bella Abzug, avogada e política estadounidense; Ruby Dee, actriz e activista pro dereitos civís; Audre Lorde (Hunter College, 1959), poeta e activista lesbiana afroamericana; Barbara Boxer, pacifista, ecoloxista e senadora demócrata por California; Gata Kamski, MI de xadrez, Frank McCourt, novelista, autor de Angela's ashes e gañador do Pulitzer; Paul Mazursky, guionista, produtor e actor, F. Murray Abraham, actor gañador dun Oscar; Chantal Akerman, director de cine; Hannah Arendt, filósofa; J. Patrice McSherry profesora universitaria e investigadora da operación Cóndor, Allen Ginsberg, poeta da xeración beat, Bell hooks, escritora e crítica; Paul Krugman, economista; Audre Lorde, poeta e activista; Adrienne Rich, poeta e activista; Abraham Maslow, psicólogo humanista; Stanley Milgram, psicólogo social; Itzhak Perlman, violinista; Mark Rothko, pintor expresionista; Eve Kosofsky Sedgwick, crítica literaria.
Premios Nobel Até 2008, houbo 12 premios Nobel afiliados á City University de Nova York. CUNY considera que calquera laureado que asistiu a unha das súas facultades superiores é un laureado afiliado. Arthur Kornberg, graduado en 1937, foi o primeiro laureado CUNY ao gañar o Premio Nobel de Medicina en 1959. Herbert A. Hauptman e Jerome Karle, ambos graduados do City College en 1937 xunto con Kornberg, gañaron en conxunto o Premio Nobel de Química en 1985, sendo os únicos en facelo dese xeito. Cinco galardoados de CUNY gañaron o Premio Nobel de Medicina, máis que en calquera outra categoría. Nove graduáronse no City College; dúas delas, Rosalyn Yalow e Gertrude Belle Elion, no Hunter College; e un, Stanley Cohen, no Brooklyn College en 1943. Elie Wiesel, sobrevivente dos campos de concentración nazis, novelista e activista vinculado á CUNY tamén foi gañador do Nobel da Paz.
AnoImaxeLaureadoRelaciónCategoríaMotivo1959Arthur Kornberg(compartido con Severo Ochoa)City College of New York, clase de 1937Fisioloxía ou Medicina"polo seu descubrimento dos mecanismos na síntese biolóxica do ácido ribonucleico e do ácido desoxirribonucleico"1961Robert Hofstadter(compartido con Rudolf Ludwig Mößbauer)City College of New York, clase de 1935Física"polos seus estudos pioneros sobre a dispersión do electrón nos núcleos atómicos e polos seus descubrimentos relativos á estrutura dos nucleóns"1970Julius Axelrod(compartido con Bernard Katz e Ulf von Euler)City College of New York, clase de 1933Fisioloxía ou Medicina"polos seus descubrimentos concernentes ás transmisións químicas nas terminacións nerviosas e o mecanismo de almacenaxe, liberación e inactivación destes neurotransmisores"1972Kenneth Arrow(compartido con John Hicks)City College of New York, clase de 1940Economía"polas súas contribucións pioneiras á Teoría do equilibrio xeral e á Teoría do Estado de benestar."1977Rosalyn Yalow(compartido con Roger Guillemin e Andrew Victor Schally)Hunter College, clase de 1941Fisioloxía ou Medicina"polo desenvolvemento de radioinmunoensaios de hormonas péptídicas"1978Arno Allan Penzias(compartido con Piotr Kapitsa e Robert Woodrow Wilson)City College of New York, clase de 1954Física1985Herbert A. Hauptman(compartido con Jerome Karle)City College of New York, clase de 1937Química"polos seus logros en desenvolver métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas" 1985Jerome Karle(compartido con Herbert A. Hauptman)City College of New York, clase de 1937Química"polos seus logros en desenvolver métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas"1986Stanley Cohen(compartido con Christiane Nüsslein-Volhard)Brooklyn College, clase de 1943Fisioloxía ou Medicina"polos seus descubrimientos de factores de crecemento"1988Gertrude Belle Elion(compartido con James W. Black e George H. Hitchings)Hunter College, clase de 1937Fisioloxía ou Medicina"polos seus descubrimentos de importantes principios para tratamentos con fármacos"1988Leon Max Lederman(compartido con Melvin Schwartz e Jack Steinberger)City College of New York, clase de 1943Física"polo método de detección dos neutrinos e a demostración da doble estrutura dos leptóns por medio do descubrimento do neutrino muon"2005Robert J. Aumann(compartido con Thomas Schelling)City College of New York, clase de 1950Economía"ter ampliado a nosa comprensión de conflito e cooperación a través da análise da teoría de xogos"
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas CUNY Baccalaureate for Unique and Interdisciplinary Studies Sitio de The William E. Macaulay Honors College (antigamente 'CUNY Honors College') Página Web oficial: Professional Staff Congress, sindicato do persoal académico Site on 1980s Chancellor Joseph S. Murphy Sandra S. Roff, et al. From the Free Academy to Cuny: Illustrating Public Higher Education in New York City, 1847-1997. Rede Social Educativa
Categoría:Universidade da Cidade de Nova York