O Major Oak (en galego, carballo maior) é un carballo centenario da especie Quercus robur que se atopa no bosque de Sherwood, preto da cidade de Edwinstowe, en Nottinghamshire, Inglaterra. miniatura| O Major Oak en outubro de 2014.|esquerda Historia Segundo as lendas locais, esta árbore serviu de refuxio para Robin Hood e a súa banda.
Foi nomeado por primeira vez coa súa denominación actual nunha descrición feita polo maior Hayman Rooke no ano 1790.miniatura| O Major Oak en decembro de 2006.|esquerdaEstá representado na bandeira de Nottinghamshire, en cuxo escudo aparece a silueta de Robin Hood.
En 2026 non produciu follas novas na primavera, e uns científicos informaron de que probabelmente morreu debido a sucesivas secas.
Dimensións O tronco ten un perímetro de 10 metros e unha copa arbórea de 28 metros.
O seu peso aproximado é de 23 toneladas e a súa idade estimada está entre os 800 e os 1000 anos.
Popularidade Nunha enquisa de 2002, foi votada como "a árbore favorita de Gran Bretaña". En 2014 foi elixida como "Árbore do ano en Inglaterra" por unha enquisa publicada polo Woodland Trust, recibindo o 18% dos votos.
Notas
Véxase tamén
Bosque de Sherwood Sycamore Gap Tree
Ligazóns externas Sitio de fans de Major Oak e do bosque de Sherwood Páxina de historial do Major Oak
Categoría:Nottinghamshire