Sergio Mur López, nado en Madrid o 23 de maio de 1977, é un actor español.
Traxectoria En decembro de 2013 rodou a película inglesa Shooting for Socrates dando vida ao famoso futbolista brasileiro Sócrates, dirixida por James Erskine e producida por New Black Films.
A finais do verán de 2013 acabou a gravación de Gran Reserva: El Origen, onde daba vida a Roberto, para TVE que se emitiu nas sobremesas de forma diaria e que supón un spin off de Gran Reserva remontándose a 45 anos atrás. Comezou o 2013 representando Antígona de Jean Anouilh, nova produción do Teatro Español baixo a dirección de Rubén Ochandiano, onde interpreta a Hemón.
En 2012 protagoniza a comedia teatral Cuatro estaciones y un día dirixida por Miguel Ángel Cárcano no Teatro Lara de Madrid, España.
En 2011, Sergio participa na gravación da serie Los misterios de Laura e na segunda tempada da serie 14 de abril. La República, baixo a dirección de Salvador García, Gracia Querejeta, e Manuel Martín Cuenca, entre outros; dando vida a León Caneda.
Protagonizou a miniserie dirixida por Fernando Colomo, El pacto. Participou tamén nas series: Física o química, actuación pola que gañou o premio Shangay Express á Mellor interpretación en televisión de 2010, Sin tetas no hay paraíso, Cuéntame como pasó, SMS, Aída, Impares, El Comisario, Los protegidos, Las chicas del cable o La tira entre outras. Tamén presentou o programa infantil Los Lunnis en 2004/05.
No teatro destaca a súa participación na versión española da obra Closer de Patrick Marber, tamén en The Flying Circus: los mejores sketches de los Monty Python, Moliére x 2: La escuela de los maridos y las preciosas ridículas ou o recoñecido texto do teatro arxentino escrito por Patricia Zangaro, A propósito de la duda.
Vida persoal A súa parella éa actriz Olivia Molina e teñen dous fillos, Vera (2012) e Eric (2015).
Traxectoria
Cinema +AnoLongametraxePersonaxeDirector/a2005Interior (noche)ÁlexMiguel Ángel Cárcano2014Shooting for SocratesSócratesJames Erskine2018El avisoDavidDaniel Calparsoro
Televisión
Series +AnoSerieCadeaPersonaxeNotas2002-200320tantosTelecincoManu5 episodios2003El ComisarioTelecincoSuso1 episodio2005Un paso adelanteAntena 3Carlos1 episodio2006-2007SMS (Sin Miedo a Soñar)La SextaPedro85 episodios2007Maitena: Estados alteradosLa Sexta1 episodio2008ImparesAntena 31 episodio2008Sin tetas no hay paraísoTelecincoSoria12 episodios2008-2009ArrayánLa SextaAlberto15 episodios2009La TiraLa Sexta1 episodio2009Bicho malo, nunca muereLa Sexta1 episodio2009-2010Cuéntame como pasóLa 1Javier7 episodios2010Física o químicaAntena 3Jorge21 episodios2010El pactoTelecincoMarcos2 episodios2010Los protegidosAntena 32 episodios2011AídaTelecincoMartín1 episodio2013Gran reserva. El origenLa 1Roberto Vega82 episodios2014Reina de corazonesTelemundoFernando San Juan "El Supremo"103 episodios2014Los misterios de LauraLa 1Daniel Molina1 episodio (El misterio del pasajero preocupado)2015-2017El señor de los cielosTelemundoTim Rawlings1 episodio2017Las chicas del cableNetflixMario Pérez16 episodios2017La que se avecinaTelecincoGuillermo Alcázar1 episodio2017Ella es tu padreTelecincoDamián "Dami" Jiménez Traver1 episodio2017-2018Papá a toda madreTelevistaJorge Turrubiates Ibáñez96 episodios2018-201914 de abril. La RepúblicaLa 1León Caneda7 episodios2019Hospital Valle NorteLa 1Jon Mercero10 episodios2019Doña Flor y sus dos maridosTelevisaTeodoro Hidalgo Flores70 episodios2019-2020Servir y protegerLa 1Miguel Herrera Ramos257 episodios2020Memorias de IdhúnNetflixKirtash (Voz)10 episodios
Programas +AnoSerieCadeaPersonaxe2004Especial Noiteboa con Los LunnisLa 1Presentador2004-2005Los LunnisLa 1Presentador2010El Club del ChisteAntena 3Cameo
Teatro +AnoObraPersonaxeDirector2003El Madrid de Alatriste y de los Literatos (teatro de calle)VariosJavier Lago2004A propósito de la duda de Patricia ZangaroXove da lata de sardiñasManuel Callau (actor e director arxentino)2005Molière x 2: La escuela de los maridos y las preciosas ridículasValerio e LaGrangeAdrián Daumas2005-2006The Flying Circus: Los mejores sketches de los Monty PythonVarios (protagonista)Santiago Sánchez (L'Om Imprebis) e JOe O'Curneen (Yllana)2006-2007Closer de Patrick MarberDan WolfMariano Barroso20124 estaciones y 1 díaManuelMiguel Ángel Cárcano (cineasta)2013Los mejores sketches de los Monty PythonVarios (principalmente as personaxes interpretadas por John Cleese)Yllana e L'Om Imprebis2013Antígona de Jean AnouihHemónRubén Ochandiano e Carlos Dorrego
Outros
2011 Invitado no programa de Telecinco Pasapalabra presentado por Christian Gálvez Montero. Xunto con Ana Milán, Rocío Madrid e Jorge Sanz. 2011 CINEJOVEN Málaga. Poñente nas xornadas xunto a Javier Godino e Nuria Gago. 2010 Gala clausura CINECULPABLE (Vilareal). Metre de cerimonias. 2009 Gala de Clausura Festival La Vila de Valladolid. Co-presentador. 2009 Gala entrega de premios Cosmopolitan TV. Mestre de cerimonias. 2009 Videoclip AYER Y HOY do grupo Disserta. Dir: Álvaro de la Hoz. Burbuja Films. 2004 Participante na creación de TXI (Teatro x la Identidad España) Ciclo teatral inaugurado no teatro Nuevo Alcalá de Madrid, coa obra A propósito de la duda.
Premios +AnoCategoríaTraballoResultado2009Mellor Actor de curtametraxe no Festival Villamayor de Santiago0,8 miligramos (curtametraxe)Nomeado2010Shangay Express á mellor interpretación en TVFísica o Química (serie de televisión)Gañador2012Best Acting The Cambridge International Student Film Festival3,2 (lo que hacen las novias) (curtametraxe)Nomeado e finalista o elenco completo2015Premio Tu Mundo ao mellor actor de reparticiónReina de corazones (telenovela estadounidense)Nomeado2018Premios TV e Novelas ao mellor actor de reparticiónPapá a toda madre (telenovela mexicana)Gañador
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1977 Categoría:Actores de España