The Gits foi unha banda estadounidense de punk rock formada en Yellow Springs, Ohio, en 1986. Como parte da florecente escena musical de Seattle de principios dos anos 90, eran coñecidos polos seus feroces concertos. Os seus membros eran a vocalista Mia Zapata, o guitarrista Joe Spleen (nado Andy Kessler), o baixista Matt Dresdner e o batería Steve Moriarty. Disolveuse en 1993 tras o asasinato de Zapata.
Durante a súa existencia a banda publicou dous álbums de estudio, un recompilatorio das súas primeiras gravacións, un álbum ao vivo, tres sinxelos de 7 polgadas e apareceu en varios recompilatorios. O grupo gravou cun feixe de selos independentes, e publicou os seus dous álbums de estudio a través de C/Z Records. En 2003 todos os seus lanzamentos foron remasterizados e reeditados cn temas extra a través de Broken Rekids.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloFrenching the Bully1992C/Z RecordsEnter: The Conquering Chicken1994C/Z Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1986