José Sendón Sendón, nado en Carnota cara a 1913 e finado no mesmo concello en abril de 2000, foi un político galego.

Traxectoria Mariñeiro, veciño de Muros en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. A policía franquista sinalouno como un dos fuxidos na evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa."Los evadidos por el puerto de Muros", La Voz de Galicia, 22-5-1937, p. 2."Emplazamiento judicial de unos evadidos", La Voz de Galicia, 4-7-1937, p. 4. Foi xulgado na Coruña por rebelión militar e declarado en rebeldía. Estivo fuxido no Monte Pindo durante 10 anos. Logo da morte de Franco foi presidente do comité local do PSdeG-PSOE de Carnota. Recibiu unha homenaxe do PSdeG-PSOE en xullo de 1993.La Voz de Galicia, Carballo, 10-7-1993, p. 36. Finou en Carnota en abril de 2000.La Voz de Galicia, Carballo, 9-4-2000, p. 47.

Notas

Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2000