thumb|Cando oxíxeno líquido desborda dun matraz sobre un imán intenso o oxíxeno queda suspendido momentaneamente entre os polos magnéticos debido ao seu paramagnetismo. O oxíxeno ou osíxeno líquido, abreviado a miúdo como LOX, LOx ou Lox, é a forma líquida do oxíxeno molecular. Foi usado como oxidante no primeiro foguete propulsado por propelente líquido en 1926, inventado por Robert H. Goddard.
Propiedades físicas O oxíxeno líquido ten unha cor azul clara e é moi paramagnético: pode quedar suspendido entre os polos dun imán o suficientemente intenso. O oxíxeno líquido ten unha densidade de 1,141 kg/l, un pouco máis denso que a auga, e é crioxénico, cun punto de conxelación de 54,36 K (-182,96 °C) a unha presión de 1 bar. Ten unha taxa de expansión de 1:861 baixo unha presión de 1 atmosfera e 20 °CCryogenic Safety. chemistry.ohio-state.edu.Characteristics. . Lindecanada.com. Consultado o 22 de xullo de 2012., polo que se usa nalgunhas aeronaves comerciais e militares como fonte transportable de oxíxeno respirable.
Dada a súa natureza crioxénica, o oxíxeno líquido pode debilitar os materias que toca. Tamén é un axente moi oxidante: a materia orgánica arde rápida e enerxeticamente en oxíxeno líquido. Ademais, materiais como o carbón, completamente submerxidos en LOX, poden detonar de maneira impredecible.
Usos Comercialmente o oxíxeno líquido clasifícase como un gas industrial e úsase en multitude de aplicacións industriais e médicas. Obtense do oxíxeno que se atopa no aire mediante destilación fraccionada en plantas de separación crioxénica de aire.
Propelente para foguetes O oxíxeno líquido é o oxidante líquido crioxénico máis común para uso en foguetes espaciais, usado normalmente en combinación con hidróxeno líquido, queroseno ou metano.
O oxíxeno líquido foi usado no primeiro foguete propulsado por propelentes líquidos, así como nos mísiles V-2 alemás usados na segunda guerra mundial. Nos anos 1950, durante a Guerra fría tanto os Estados Unidos como a Unión Soviética usárono nos seus foguetes Atlas, Redstone e R-7. Posteriormente, nos anos 1960 e 1970, seguiuse usando nos foguetes Saturno V do programa Apollo e nos transbordadores espaciais, ata hoxe en día.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Foguete
Categoría:Astronáutica Categoría:Compostos químicos Categoría:Propelentes