Abdelkader Salhi, nado en Chlef, vilaia de Chlef, o 19 de marzo de 1993, é un futbolista alxeriano que xoga de porteiro no Bergantiños. Foi 4 veces internacional coa selección de Alxeria.

Traxectoria Comezou a súa carreira como futbolista no 2013 nas filas do ASO Chlef da súa cidade natal, e nos seguintes anos pasou polo CR Belouizdad, o JS Kabylie e o MC Alger, todos eles da máxima categoría alxeriana. No ano 2017 foi elixido mellor gardameta do campionato alxeriano.

En xuño de 2022 fichou polo Bergantiños, da Segunda División RFEF.

Selección de Alxeria Foi internacional coa selección sub-23 de Alxeria, coa que disputou a Copa de África de Nacións Sub-23 de 2015, chegando á final e sendo elixido mellor porteiro do torneo. Ao ano seguinte formou parte do equipo alxeriano nos Xogos Olímpicos de Río, aínda que non chegou a xogar no torneo.

O 5 de setembro de 2017 debutou coa selección absoluta de Alxeria nunha derrota por 1-0 ante Zambia, nun partido de clasificación para o Mundial de 2018.

Palmarés CR Belouizdad Copa de Alxeria (1): 2016/17.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados na vilaia de Chlef Categoría:Futbolistas de Alxeria Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alxeria Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2016