E. Lilian Todd, nada en Washington o 12 de xuño de 1865 e finada en Pasadena (California) o 26 de setembro de 1937, foi unha inventora estadounidense que deseñou algúns avións e promoveu o interese popular pola aviación a principios do século XX.

Malia non ter coñecementos formais de mecánica, deseñou o seu primeiro avión e expúxoo en 1906. Despois da morte da súa mecenas, Margaret Rusell Sage, Todd trasladouse á cidade de Pasadena onde faleceu.

Notas

Categoría:Nados en 1865 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Pioneiros da aviación Categoría:Finados en 1937