Man or Astro-man? é unha banda estadounidense de surf rock formada en Auburn, Alabama a principios dos anos 90 que chegou á fama durante a seguinte década.
Principalmente instrumental, Man or Astro-man? fusiona o estilo surf rock de principios dos 60 de artistas como Dick Dale e The Spotnicks con sons new wave e punk rock de finais dos 70 e principios de 80. Man or Astro-man? foi coñecido pola súa anacrónica dedicación a temas de ciencia ficción, samples de son, escuros dispositivos electrónicos (como theremins e transformadores tesla), e enérxicos concertos. Os seus primeiros álbums como Is It ... Man or Astroman? e Destroy All Astromen! eran coñecidos pola súa instrumentación surf rock tradicional e as introducións con sons de ciencia ficción, pero os últimos como EEVIAC... e A Spectrum of Infinite Scale eran coñecidos polo uso de sintetizadores, impresoras (como a Apple ImageWriter II), e polo seu son experimental máis abstracto. As súas gravacións adoitan a estar salpicadas de anacos de son de películas e programas de ciencia ficción.
Crese que o grupo tomou o seu nome do póster da edición estadounidense do filme xaponés Gasu Ningen Daiichigō, que tiña como eslogan a frase "IS HE MAN OR ASTRO-MAN?", sendo esa liña aparentemente apropiada para ser usada no título do seu primeiro álbum, Is It ... Man or Astroman?
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloIs It ... Man or Astroman?1993Estrus RecordsProject Infinity1995Estrus RecordsExperiment Zero1996Touch & Go RecordsMade from Technetium1997Touch & Go RecordsEEVIAC Operational Index and Reference Guide, Including Other Modern Computational Devices1999Epitaph Europe, Touch & Go RecordsA Spectrum of Infinite Scale2000Epitaph Europe, Touch & Go RecordsA Spectrum of Finite Scale2001ZerotecDefcon 5...4...3...2...12013Warm Electronic Recordings/Chunklet IndustriesLive at Third Man Records2017Third Man Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Alabama Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de surf rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de rock electrónico Categoría:Grupos musicais formados en 1992