Daniela Ferrández Pérez, nada en Almoradí (provincia de Alacant) en 1988, é unha historiadora que se asentou en Galicia no ano 2011.
Traxectoria É doutora en Historia (Universidade de Alacant, 2013) e máster en Historia Contemporánea (Universidade de Santiago de Compostela, 2014). A súa tese de doutoramento foi Nuevos y viejos actores: clientelismo político y poder local en perspectiva comparada (1905 - 1936) sobre o clientelismo político na Restauración desde unha perspectiva comparada (Galicia-Comunidade Valenciana). É investigadora posdoutoral adscrita ao grupo Histagra da USC a través da convocatoria Margarita Salas.
Ten participado nos proxectos Historia e memoria do LGBT en Galiza (1880-2017), A represión franquista na retagarda republicana e a retagarda franquista dende unha perspectiva comparada: o caso de Arzúa (A Coruña) e Almoradí (Alacante), Consolidación e estruturación 2017 REDES - Rede de Agroecoloxía e Historia. REVOLTA e Consolidación e estruturación 2017 GRC GI-1657 Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX (HISTAGRA).
Os seus traballos centráronse na violencia política do franquismo, o clientelismo político, e o feminismo e os partidos políticos na Transición. Colaborou co activismo pola memoria histórica na procura dos restos do seu bisavó, fusilado polo franquismo en Alacant en 1941. Como muller trans, involucrouse no activismo LGBT, principalmente a través da asociación Amizando.
Obra
A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea (2022). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-120-2. ePub: ISBN 978-84-1110-117-2.
Libros colectivos
Ferrández, D. (2019): "El Mercado de la democracia: Una propuesta analítica del clientelismo político en perspectiva microhistórica", en Escobedo Mugerza, I. e Kurdelski, H. (eds.), Experiencias en Común, Zaragoza, AHC, p. 243-265 Ferrández, D. (2020): "Historiar o trans*: elementos para uma genealogía situada", en Amarelo, D. (Coord.), Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza, Santiago de Compostela, Através Editora, p. 207 - 226.
Revistas
Fernández Pérez, D. et al. (2021): “O impacto da crise sanitaria nxs menores e adolescentes trans”, en Encrucillada: revista galega de pensamento cristián, nº 223, p. 70-77.
Premios
VIII Premio Follas Novas do Libro Galego, en Ensaio e investigación por A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea.
Notas
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Almoradí Categoría:Alumnos da Universidade de Alacant