Rallus é un xénero de aves gruiformes pertencente á familia Rallidae. Habitan nas zonas húmidas de América, Eurasia e África.

En América atópase a maior diversidade de especies, e as outras catro especies que se atopan en Eurasia, África e Madagascar, están estreitamente relacionadas entre si, o que indica que descenden dun antepasado común procedente de terras americanas.Taylor, P. Barry & van Perlo, Ber (1998): Rails: a guide to the rails, crakes, gallinules, and coots of the world. Yale University Press, New Haven. ISBN 0-300-07758-0

Características Adoitan ser aves esveltas, de pico longo e patas delgadas. Os seus corpos, aplanados lateralmente, son unha adaptación á vida en canedos e pantanos e permítelles deslizarse facilmente a través da densa vexetación semiacuática. Xeralmente teñen o dorso marrón ou xaspeado, a cara ou o peito azulados ou agrisado e flancos listados.

Especies miniatura|Rallus obsoletus.

Especies actuais O xénero Rallus contén actualmente catorce especies:

Rallus longirostris; Rallus crepitans; Rallus obsoletus; Rallus elegans; Rallus tenuirostris; Rallus wetmorei; Rallus limicola; Rallus aequatorialis; Rallus semiplumbeus; Rallus antarcticus; Rallus indicus; Rallus aquaticus - zurrasca eurasiática; Rallus caerulescens; Rallus madagascariensis.

Especies fósiles O xénero Rallus inclúe 11 especies fósiles:

Rallus eivissensis - zurrasca de Eivisa; Rallus sp. (Hungría);Gál, Erika; Hír, János; Kessler, Eugén & Kókay, József (1998-99): Középsõ-miocén õsmaradványok, a Mátraszõlõs, Rákóczi-kápolna alatti útbevágásból. I. A Mátraszõlõs 1. lelõhely [Middle Miocene fossils from the sections at the Rákóczi chapel at Mátraszőlős. Locality Mátraszõlõs I.]. Folia Historico Naturalia Musei Matraensis 23: 33-78. [en húngaro con resumo en inglés] PDF fulltext Rallus lacustris (Norteamérica); Rallus phillipsi (Wickieup, EUA); Rallus prenticei (Nortemérica); Rallus sp. (Saw Rock Canyon, EUA); Rallus auffenbergi (sueste de Norteamérica) (antes en Porzana); Rallus ibycus (Bermudas); Rallus recessus (Bermudas); Rallus natator (San Josecito, México); Rallus richmondi ou R. dubius. Rallus lowei (Madeira); Rallus adolfocaesaris (Porto Santo, Madeira); Rallus montivagorum (Pico, Azores); Rallus carvaoensis (São Miguel, Azores); Rallus minutus (São Jorge, Azores), nome científico provisional;

Especies anteriormente en Rallus

Xénero Gallirallus Xénero Lewinia R. arenarius, agora Quercyrallus R. beaumontii, R. dispar, agora Pararallus ou Palaeoaramides R. christyi, R. eximius, R. major, agora Palaeoaramides R. major, agora Miorallus R. porzanoides, agora Paraortygometra

Conservación Tres especies endémicas de Suramérica están ameazadas pola destrución do seu hábitat, en tanto que a especie de Madagascar chegou a ser extremadamente escasa.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xéneros de aves Categoría:Rallus