Santa Cruz é un lugar da parroquia de Ove, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 9 habitantes (6 homes e 3 mulleres).
Toponimia O topónimo Santa Cruz é un haxiotopónimo referido á Vera Cruz onde Xesús Cristo foi crucificado, e débese a que o lugar se sitúa ao pé dunha ermida baixo dita advocación.
Patrimonio
No monte de Santa Cruz, ademais da ermida, hai un miradoiro, un centro social e a Casa da Ría, centro de interpretación da ría de Ribadeo, cun observatorio astronómico. Polo lugar discorre o Camiño do Norte.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Ove
Parroquias de Ribadeo
Categoría:Lugares de Ribadeo