Hado Lyria, pseudónimo de Myriam Sumbulovich, nada en Laye (Francia) en 1940 e finada en Milán o 27 de abril de 2022, foi unha poeta, xornalista, tradutora e pintora española que viviu e traballou en Italia dende 1958.

Traxectoria Hado Lyria naceu en Laye en 1940 de nai catalá e pai sefardí orixinario de Saraxevo, Bosnia e Hercegovina.

Dende nova probou coa pintura, primeiro nos EUA e despois en Italia, na Academia de Brera.

Traduciu ao italiano a maioría das novelas de escritores como Manuel Vázquez Montalbán, Juan Marsé, Jorge Luis Borges ou Fernando Savater.

Gañou o Premio de Tradución Grinzane Cavour en 2004.

Notas

Categoría:Personalidades do xudaísmo de España Categoría:Poetas de España Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Tradutores de España Categoría:Xornalistas de España