Juan Romero Montesinos, nado en Madrid o 19 de xullo de 1899, foi un avogado e funcionario español.
Traxectoria Fillo de Juan Romero e Teresa Montesinos. Funcionario de Correos dende 1916. Licenciado en Dereito en 1929. Foi administrador da estafeta de Correos de Éibar e membro do Ateneo de Donostia. En 1934 foi trasladado á estafeta de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 6-9-1934, p. 11, 12. Exerceu como avogado na Audiencia de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 2-12-1934, p. 14. Impartiu conferencias en Pontevedra, Vigo e Marín.El País, 20-4-1935, p. 1.El Pueblo Gallego, 5-6-1935, p. 2.El País, 29-6-1935, p. 4.El Pueblo Gallego, 6-7-1935, p. 2. En novembro de 1935 participou nos mitins de Vilalonga con Elpidio Villaverde e Castelao,El Pueblo Gallego, 9-11-1935, p. 2. e Samieira con Ramón de Valenzuela, Amancio Caamaño e José Echeverría Novoa. Foi elixido presidente da agrupación de Izquierda Republicana de Pontevedra en xaneiro de 1936.El Pueblo Gallego, 18-1-1936, p. 13.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído so servizo en agosto.El Pueblo Gallego, 16-8-1936, p. 7.El Pueblo Gallego, 19-8-1936, p. 7. Pasou a territorio leal e foi xuíz de instrución de Segorbe. Foi detido, xulgado en Valencia por adhesión á rebelión e condenado en consello de guerra o 10 de novembro de 1939 a 30 anos de reclusión maior. Estivo preso na Prisión Central de San Miguel de los Reyes, de onde saíu en liberdade condicional en 1943.BOE, 23-8-1943, p. 8185. En 1948 colexiouse como avogado en Madrid e volveu exercer a avogacía. Vida persoal Casou con Isabel Napal Mur.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Expedientes personales de colegiados. Romero Montesinos, Juan. Archivo Histórico del Ilustre Colegio de Abogados de Madrid.
Categoría:Avogados de España Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1899