O Embraer EMB 314 Super Tucano, tamén chamado ALX ou A-29, é un avión turbohélice brasileiro de ataque lixeiro deseñado e fabricado por Embraer a partir do Embraer EMB 312 Tucano. O A-29 Super Tucano pode levar distintas armas, incluída munición guiada de precisión, e foi deseñado como un sistema de baixo custo operado en contornas de ameaza baixa.
Ademais da súa fabricación no Brasil, Embraer estableceu unha liña de produción nos Estados Unidos en conxunción con Sierra Nevada Corporation para a fabricación do A-29 a clientes de exportación.
Notas
Categoría:Aeronaves de Embraer Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1999