A neuromodulación é o proceso fisiolóxico polo cal unha determinada neurona utiliza un ou máis compostos químicos, chamados neuromoduladores, para regular diversas poboacións de neuronas. Os neuromoduladores únense a receptores metabotrópicos ou a receptores acoplados á proteína G (GPCRs) para iniciar unha fervenza de sinalización por segundo mensaxeiro que induce un sinal amplo e de longa duración. Esta modulación pode prolongarse por centos de milisegundos ou ata varios minutos. Algúns dos efectos dos neuromoduladores son: alterar a actividade intrínseca de disparo do impulso, incrementar ou reducir as correntes dependentes de voltaxe, alterar a eficacia sináptica, incrementar a actividade explosiva neuronal e reconfigurar a conectividade sináptica.

Entre os principais neuromoduladores do sistema nervioso central están os seguintes: dopamina, serotonina, acetilcolina, histamina, norepinefrina, óxido nítrico e varios neuropéptidos. Os cannabinoides poden tamén ser poderosos neuromoduladores do sistema nervioso central. Os neuromoduladores poden ser empaquetados dentro de vesículas e liberados polas neuronas, segregados como hormonas e chegan ao seu destino a través do sistema circulatorio. Un neuromodulador pode ser conceptualizado como un neurotransmisor que non é reabsorbido pola neurona presináptica ou degradado a outro metabolito. Algúns neuromoduladores pasan unha significativa cantidade de tempo no líquido cefalorraquídeo, influíndo (ou "modulando") na actividade doutras neuronas no cerebro.

Sistemas neuromoduladores

Os principais sistemas neurotransmisores son o sistema da noradrenalina (ou norepinefrina), o da dopamina, o da serotonina e o sistema colinérxico. Os fármacos que teñen como diana os neurotransmisores de ditos sistemas afectan a todo o sistema e isto explica o modo de acción de moitos fármacos.

Por outra parte, a maioría dos outros neurotransmisores, por exemplo o glutamato, o GABA e a glicina, utilízanse de modo moi xeral por todo o sistema nervioso central. +Sistemas neuromoduoladores Sistema OrixeA non ser que se especifique nos cadros a referencia é: Dianas Efectos Sistema da noradrenalinaLocus coeruleusReceptores adrenérxicos en:

medula espiñal tálamo hipotálamo striatum neocórtex xiro cingulado cíngulo hipocampo amígdala excitación (estado fisiolóxico e psicolóxico de estar esperto ou reactivo aos estímulos) sistema de recompensaCampo tegmental lateralhipotálamo Sistema da dopaminaVías da Dopamina:

vía mesocortical vía mesolímbica vía nigroestriatal vía tuberoinfundibularReceptores da dopamina en terminacións da vía. sistema motor sistema de recompensa cognición endócrino náusea Sistema da serotonina Núcleo do rafe dorsal caudalReceptores da serotonina en:

núcleos cerebelares profundos córtex cerebelar medula espiñal incremento da (introversión): estado de ánimo saciedade temperatura corporal durmir diminución da nocicepción Núcleo do rafe dorsal rostralReceptores da serotonina en:

tálamo estriado hipotálamo núcleo acumbente neocórtex xiro cingulado cíngulo anatomía amígdala Sistema colinérxicoNúcleo peedunculopontino e núcleos tegmentais dorsolaterais (complexo pontomesencefalotegmental) (principalmente) Receptores M1 en:

tronco cerebral núcleos cerebelares profundos núcleos pontinos locus coeruleus núcleo do rafe núcleo reticular lateral oliva inferior tálamo tectum ganglios basais prosencéfalo basal sistema de control motor e muscular aprendizaxe memoria a curto prazo excitación recompensaNúcleo óptico basal de Meynert (principalmente) Receptores M1 en:

neocórtex Núcleo septal medial (principalmente) Receptores M1 en:

hipocampo neocórtex

Sistema da noradrenalina

O sistema da noradrenalina consta dunhas 15 000 neuronas, principalmente situadas no locus coeruleus. Isto é unha insignificancia comparado coas máis de 100 mil millóns de neuronas que hai no cerebro. Igual que as neuronas dopaminérxicas da substancia negra, as neuronas do locus coeruleus adoitan estar pigmentadas por melanina. As neuronas liberan noradrenalina e esta actúa sobre receptores adrenérxicos. A noradrenalina adoita liberarse a ritmo constante para que poida preparar ás células gliais de apoio para respostas calibradas. Malia que o sistema da noradrenalina contén un número relativamente pequeno de neuronas, cando se activa desempeña importantes funcións no cerebro como a súa implicación na supresión da resposta neuroinflamatoria, a estimulación da plasticidade neuronal a través de potenciación a longo prazo, a regulación da captación de glutamato polos astrocitos e depresión a longo prazo, e a consolidación da memoria.

Sistema da dopamina

O sistema da dopamina ou dopaminérxico consta de varias vías, por exemplo as que se orixinan no tegmento ventral ou na substancia negra. Actúa sobre os receptores de dopamina.

A enfermidade de Parkinson está polo menos en parte relacionada coa perda de actividade de células dopaminérxicas nos núcleos cerebrais profundos, principalmente as neuronas pigmentadas de melanina da substancia negra, pero secundariamente das neuronas noradrenérxicas do locus coeruleus. Propuxéronse tratamentos que potencian o efecto dos precursores da dopamina, mais cando foron aplicados tiveron un éxito moderado.

Farmacoloxía da dopamina

A cocaína, por exemplo, bloquea a recaptación de dopamina, deixando estes neurotransmisores na fenda sináptica durante máis tempo. A AMPT impide a conversión da tirosina en L-DOPA, o precursor da dopamina; a reserpina impide o almacenamento de dopamina en vesículas; e o deprenilo inhibe a monoamino oxidase (MAO)-B incrementando así os niveis de dopamina.

Sistema da serotonina

A serotonina xerada no cerebro comprende arredor do 10% da serotonina corporal total. A maioría (80-90%) atópase no tracto gastrointestinal (GI). Viaxa polo cerebro a través do feixe prosencefálico medial e actúa sobre receptores de serotonina. No sistema nervioso periférico (como na parede gastrointestinal) a serotonina regula o ton vascular.

Farmacoloxía da serotoinina

Os inhibidores da recaptación de serotonina selectivos (SSRIs) como a fluoxetina son moi utilizados como antidepresivos que bloquean especificamente a recaptación da serotonina con menos efecto sobre outros transmisores. Os antidepresivos tricíclicos tamén bloquean a recaptación de aminas bioxénicas nas sinapses, pero poden principalmente afectar a serotonina ou norepinefrina ou ambas. Normalmente tardan de 4 a 6 semanas en aliviar calquera síntoma de depresión. Considérase que teñen efectos a longo prazo e inmediatos. Os inhibidores da monoamino oxidase tamén recaptan as aminas bioxénicas neurotransmisoras na sinapse, pero inhiben un encima monoamino oxidase que normalmente destrúe (metaboliza) algúns dos neurotransmisores despois da súa recaptación. Disponse de máis neurotransmisores (especialmente serotonina, noradrenalina e dopamina) para liberalos nas sinapses. Os inhibidores da monoamino oxidase tardan varias semanas en aliviar os síntomas da depresión.

Aínda que se observan cambios na neuroquímica inmediatamente despois de tomar estes antidepresivos, os síntomas pode que non empecen a mellorar ata varias semanas despois da administración. O aumento dos niveis de transmisor nas sinapses non poden por si sós aliviar a depresión ou a ansiedade.

Sistema colinérxico

O sistema colinérxico consta de neuronas que se proxectan desde o núcleo pedunculopontino, o núcleo tegmental laterodorsal e o prosencéfalo basal e interneuronas procedentes do striatum e o núcleo acumbente. Non está claro aínda se a acetilcolina como neuromodulador actúa por medio de volume de transmisión ou por transmisión clásica sináptica, xa que hai evidencias que apoia ambas as teorías. A acetilcolina únese tanto a receptores muscarínicos metabotrópicos (mAChR) coma a receptores nicotínicos ionotrópicos (nAChR). O sistema colinérxico está implicado na resposta a sinais relacionados coa vía da recompensa, potenciando a detección de sinais e a atención sensorial, regulando a homeostase, mediando na resposta ao estrés e codificando a formación de recordos.

GABA

O ácido gamma-aminobutírico (GABA) ten un efecto inhibidor sobre a actividade do cerebro e a medula espiñal.

Neuropéptidos

Os neuropéptidos son pequenas proteínas utilizadas para a comunicación no sistema nervioso. Os neuropéptidos representan a clase máis diversa de moléculas de sinalización. Coñécense 90 xenes que codifican precursores de neuropéptidos humanos e en invertebrados coñécense uns 50. A maioría dos neuropéptidos únense a receptores acoplados á proteína G, porén, algúns neuropéptidos abren directamente canles iónicas ou actúan a través de receptores de quinase.

Péptidos opioides. Constitúen unha gran familia de neuropéptidos endóxenos que están amplamente distribuídos polos sistemas nerviosos central e periférico. As drogas opiáceas como a heroína e a morfina actúan nos receptores destes neurotransmisores.

Endorfinas Encefalinas Dinorfinas

Vasopresina Oxitocina Gastrina Colecistoquininas Somatostatina Cortistatinas RF-amidas Neuropéptido FF Neuropéptido Y Polipéptido pancreático Péptido YY Péptido liberador da prolactina Calcitonina Adrenomedulina Natriurético Péptidos similares á bombesina Endotelina Glicagón Secretina Péptido intestinal vasoactivo Hormona liberadora da hormona do crecemento Polipéptido inhibidor gástrico Hormona liberadora da corticotropina Urocortina Urotensina Substancia P Neuromedinas Tensina Cinina Granina Factor de crecemento nervioso Motilina Ghrelina Galanina Neuropéptido B/W Neurexofilina Insulina Relaxina Xene homólogo da proteína relacionada con agouti Prolactina Apelina Supresor da metástase Inhibidor que se une ao diazepam Cerebelinas Leptina Adiponectina Visfatina Resistina Nucleobindina Ubiquitina

Sistemas neuromusculares

Os neuromoduladores poden alterar o rendemento dun sistema fisiolóxico ao actuaren sobre os inputs asociados (por exemplo, xeradores de padróns centrais). Porén, os traballos de modelización suxiren que isto por si só é insuficiente, porque a transformación neuromuscular dun input neural a un input muscular pode ser afinado para rangos determinados de input. Stern et al. (2007) suxiren que os neuromoduladores deben actuar non só sobre o sistema de input, senón tamén deben cambiar a propia transformación para producir a contración axeitada dos músculos como resultado.

Transmisión de volume

Os sistemas neurotransmisores son sistemas de neuronas do cerebro que expresan certo tipo de neurotransmisores, os cales dan lugar a distintos sistemas. A activación do sistema causa efectos en grandes volumes do cerebro, o que se chama transmisión de volume. A transmisión de volume é a difusión de neurotransmisores a través do líquido extracelular cerebral liberados en puntos que poden estar bastante afastados das células diana coa activación resultante de receptores extrasinápticos, e cun curso de tempo máis longo que para a transmisión nunha soa sinapse. Dita acción prolongada do transmisor chámase transmisión tónica, en contraste coa transmisión fásica que ocorre rapidamente en sinapses únicas.

Outros usos do termo