O homing é o termo inglés co que se designa o fenómeno polo cal as células migran ao órgano da súa orixe. Podería traducirse por direccionamento ou 'guía á orixe' ou 'guía á casa' (fogar) ou, máis en xeral, 'guía a unha diana' determinada. Por causa do homing, as células hematopoéticas transplantadas poden viaxar á medula ósea e xerar un enxerto alí, é dicir, establecer a súa residencia alí. Varias quimiocinas e receptores están implicados no homing de células nais hematopoéticas. Un deses receptores é o receptor de homing do linfocito.

Fóra do contexto das células hematopoéticas, o termo homing utilízase en bioloxía para o direccionamento cara a outras dianas concretas, mesmo a puntos concretos do xenoma (ver endonuclease homing).Cf. Barry L. Stoddard, «Homing endonuclease structure and function», Quarterly Reviews of Biophysics, 38, 1 (2006), págs. 49–95 (50).

Sitios Medula ósea. Ganglios linfáticos. Pel.

Notas

Categoría:Hematoloxía