Dòmhnall Ruadh Chorùna, nado en Chòruna, concello de Claddach Baleshare en North Uist, Escocia, o 9 de xullo de 1887 e finado o 13 de agosto de 1967 en Lochmaddy, legalmente Donald MacDonald / Dòmhnall MacDhòmhnaill, literalmente "Donald Roxo de Chorùna" ou "da Coruña", foi un canteiro, veterano da Primeira guerra mundial e bardo gaélico escocés; tamén un dos maiores poetas bélicos de Escocia. O historiador da literatura Ronald Black chamouno "A voz das trincheiras"Ronald Black, An Tuil, páx. 740. Birlinn Limited (1999); ISBN: 0987650XXX .
É coñecido pola canción An Eala Bhàn ("O cisne branco") á súa amada Magaidh NicLeòid de Lochmaddy, que compuxo despois de ser ferido durante a batalla do Somme.
Traxectoria
Antecedentes familiares miniatura|Tumba de Sir John Moore no xardín San Carlos na Coruña miniatura|Harris, Noth Uist Sendo novo, a miúdo contábanlle historias sobre os seus bisavós maternos nas guerras napoleónicas. Segundo a tradición oral familiar, a bisavoa do bardo, Mór Chaimbeu (Marion Campbell) de Skye, dera o último trago de auga a Sir John Moore momentos antes de ser ferido de morte na batalla de Elviña na Coruña en 1809. Nese intre, Mòr (Marion) suxeitaba o estribo do seu cabalo, foi lanzada ao ar e aterrou de costas. Segundo Ruadh, a súa bisavoa nunca se recuperou da lesión e fixo que morrese nova.Comann Eachdraidh Uibhist a Tuath, Dòmhnall Ruadh Choruna, 1995. Páxs. 18–19.
Mòr perdeu o seu primeiro marido, membro do clan MacLeod de Dunvegan, tamén en Elviña.Ronald Black (1999), An Tuil: Anthology of 20th Century Scottish Gaelic Verse, páxina 740. Despois comezou a vivir con outro soldado que loitara na batalla chamado Domhnall mac Mhurchaidh ("Donald Ferguson") (1780–1845), trasladouse con el a North Uist e alí casaron.
Nos anos posteriores, unha rima gaélica sobre ela fíxose popular:
Blàr mòr Chorùna, 1809 - Chaidh Mòr mhor Chorùna A-null dhan an Fhraing Dòmhnall Ruadh Choruna, orain is dain le Domhnall Domhnallach a Uibhist a Tuath; Comann Eachdraidh Uibhist a Tuath; 1995. Páx. 34. A Gran Batalla da Coruña, 1809 - Grande Mòr da Coruña Marchou cara a Francia
Segundo Bill Lawson, os Ferguson de North Uist din descender de Robert the Bruce, quen dirixiu o pobo escocés na primeira guerra de Independencia contra Eduardo I e finalmente foi rei de Escocia. Lawson di que esta afirmación sería tratada con escepticismo, pero hai unha brecha na vida de Bruce sobre o 1306, cando estaba fuxido dos ingleses e puido visitar as Hébridas Exteriores, onde os MacRuari eran uns dos seus principais partidarios. O nome 'Robert' tamén adoita aparecer entre os Ferguson de North Uist, polo que a afirmación non é de ningún xeito imposíbel.Bill Lawson, North Uist in History and Legend, (2011), páx. 80.
Despois de chegaren a North Uist, o tacksman da illa, o xefe do clan MacDonald de Sleat, concedeulles a Donald e Mòr Ferguson un croft (leira) en Claddach Baleshare. Donald e Mòr só tiñan nenas, caeron en arrears (quedaron atrasados nos pagos) e foron desaloxados dese cultivo. Despois, o tacksman trasladounos a outro croft onde fixeron unha casa que segue en pé. Debido ás historias dos Ferguson sobre as súas experiencias, a súa casa converteuse nunha das cèilidh máis populares da illa.
Ruadh dixo máis tarde de D. Ferguson: "Foi o único soldado da illa, agás outro no camiño de Sollas, chamado Aonghas Moireasdan, e conseguiu este lugar onde estou hoxe. Moitos visitantes viñan polas noites para que lles contase contos da Coruña e da India, e os rapaces dicían entre eles: 'Imos esta noite á Coruña para escoitar as historias'. E o nome 'Chòruna' permaneceu até hoxe e continuará mentres o sol navegue cara ao oeste".Dòmhnall Ruadh Choruna, orain is dain le Domhnall Domhnallach a Uibhist a Tuath; Comann Eachdraidh Uibhist a Tuath; 1995. Páx. 18–19.
Comentando a historia familiar do bardo, R. Black escribiu: "Como sinala Fred Macauley, os antecedentes do poeta contiñan unha certa glorificación da guerra que ía caducar para sempre no barro de Francia".Ronald Black (1999), An Tuil: Anthology of 20th Century Scottish Gaelic Verse, páx 740.
Primeiros anos Dòmhnall Ruadh Chorùna naceu na casa construída polo seu bisavó en 1887. Na familia había outros dous nenos e unha nena.Domhnall Ruadh Choruna, (1995), páx. 36. A súa nai, Flòraidh Fhionnghuala Dhòmhnaill 'ic Mhurchaidh, traballaba como empregada doméstica. O seu pai, Dòmhnall Mac Ailein 'ic Chaluim era mariño mercante e un poeta gaélico. A irmá de Dòmhnall Mac Ailein, Maighread nighean Ailein, foi a compositora da canción Ille dhuinn, is toil leam thu. R. Black escribiu: "A poesía estaba no sangue de Dòmhnall Ruadh".Ronald Black, An Tuil: Anthology of 20th Century Scottish Gaelic Verse, (1999); páx. 739.
A diferenza da poboación das illas de South Uist, Eriskay e Benbecula, a xente de North Uist converteuse ao calvinismo durante a Reforma Escocesa. Hoxe entre os insulares hai membros da Igrexa de Escocia e da Presbiteriana Libre de Escocia. En North Uist, o culto en ambas mantén a práctica do século XVI de cantar a salmodia exclusiva en gaélico a capella. Cara ao final da súa vida, Dòmhnall escribiu Smuaintean nam Shean Aois ("Pensamentos na vellez"). Lembrou que na súa mocidade fora moi irrelixioso e lamentou non ter sido máis practicante.Domhnall Ruadh Choruna, Fred Macauley (1995), páxs. 184–185.
Dòmhnall asistiu brevemente a unha escola en Carinish, que contén as ruínas dun convento agustino do s. XIII e un colexio chamado Teampull na Trionaid.Lawson, North Uist in History and Legend, (2011), páx. 77–80. Debido á Lei de Educación de 1872, só se ensinaba e toleraba o inglés na escola escocesa. Dòmhnall describiu eses días en Òran Nan Sgoilearan ("A canción dos escolares") e como os estudantes estaban "famentos, privados, descalzos, descubertos",Dòmhnall Ruadh Choruna, orain is dain le Domhnall Domhnallach a Uibhist a Tuath; Comann Eachdraidh Uibhist a Tuath; 1995. Páxs. 144–147. pero nunca dixo se experimentou o que Black chama a "familiar experiencia escocesa de ser golpeado por falar a lingua materna".Ronald Black, An Tuil. Birlinn Limited (1999); páx. 787. ISBN: 0987650XXX O bardo nunca aprendería a ler ou escribir en gaélico escocés na escola;Domhnall Ruadh Choruna, (1995), páx. 14 porén, comezou a compor poesía gaélica aos 13 anos. Segundo contan, a súa nai quedou impresionada e fíxolle prometer que non comporía versos escandalosos ou satíricos. Dòmhnall tiña un respecto moi profundo pola súa nai e foi unha promesa que sempre cumpriu. Isto, e a introspección provocada polas súas experiencias na primeira guerra mundial, diferénciao doutros poetas gaélicos.Ronald Black, An Tuil, páx. 740. Birlinn Limited (1999); ISBN: 0987650XXX
Como despois lembrou no seu poema Che b' e Gunna mo Nàmhaid ("Non era a arma do meu inimigo"), o mozo Dòmhnall era afeccionado a vagar pola campiña de North Uist cun mosquete co que cazaba furtivamente aves e cervos, mentres trataba coidadosamente de evitar os factors (xestores da terra) da familia anglo-escocesa Campbell-Orde, os polémicos propietarios de North Uist desde que mercaron a illa en 1855.Bill Lawson (2011), North Uist in History and Legend, Birlinn. Pages 207–208.Domhnall Ruadh Choruna, Editado por Fred Macauley (1995), páxs. 12–17.
No mesmo poema, con todo, Dòmhnall recordou:
Is beag a shaoilinn an uair ud Gu robh 'n cruas seo gam ionnsaigh. 'S e gaol na mosgaid a dh'fhàg Fo ghlas-làmh aig a' Chrùn mi, An gaol a thug mi nam òige A bhith 'n còmhnaidh ga stiùreadh. Domhnall Ruadh Choruna, Editado por Fred Macauley (1995), páx. 16.
Daquela, pouco pensaba que esta penuria estaba por diante. Era o meu amor polo mosquete que me deixou preso á Coroa, o amor da miña mocidade dirixíndoo sempre.
Primeira guerra mundial Como moitos mozos da súa época, Ruadh uniuse á milicia de Inverness-shire con dezasete anos. Ao estalar a guerra en 1914, uniuse aos Cameron Highlanders.An Tuil, páx. 740. Despois do adestramento en Norfolk, desembarcou en Boulogne-sur-Mer como parte da 15ª División (Escocesa) en xullo de 1915 Unha investigación sobre o adestramento das unidades en Norfolk foi publicada xunto co Highlanders' Museum: Mary Mackie: Hunstanton's Highland Heroes: West Norfolk 1915 (King's Lynn: Morningside Publishers, 2018. . e foi enviado ao servizo activo nas trincheiras da fronte occidental.
Servizo activo A división de Dòmhnall Ruadh combateu por primeira vez en setembro de 1915, na Batalla de Loos, durante a cal capturaron a aldea de Loos-en-Gohelle. A diferenza de poetas bélicos máis famosos como Wilfred Owen, Siegfried Sassoon e Charles Sorley, que se tornaron anti-guerra, Ruadh cría que loitaba nunha guerra xusta contra un inimigo verdadeiramente terríbel.dereita|miniatura|Infantaría británica avanzando a través de gas en Loos, 25 de setembro de 1915Durante a batalla de Loos, Dòmhnall experimentou o que sempre pensou que fora o uso de gas velenoso polo exército imperial alemán, como se describe no seu poema Òran a' Phuinnsein ("A canción do veleno"). Lembrou o horror dos efectos do gas e como el e os seus compañeiros non tiñan defensa contra el. Concluíu o poema dicindo que desexaba poder convocar o lume para que caese do ceo sobre o Imperio Alemán e o pobo alemán para derretelos sen piedade.Domhnall Ruadh Choruna (1995), páxs. 40-41. En realidade, o ataque que Dòmhnall describía era fogo amigo. O primeiro uso de gas velenoso polo exército británico na fronte occidental tivo lugar o primeiro día da batalla de Loos. O cloro, co nome clave Red Star, foi o axente químico despregado (140 t dispostas en 5.100 bombonas). Non obstante, o vento resultou inconstante e o gas ficou en terra de ninguén ou volveu ás trincheiras británicas. Iso agravouse cando o gas non puido ser liberado de todos os botes. Durante un bombardeo de represalia, os proxectís alemáns golpearon os tubos non utilizados, liberando aínda máis gas velenoso entre os británicos. Agravaron a situación as primitivas máscaras antigás de flanela distribuídas aos británicos: quentáronse e os pequenos visores empañáronse. Algunhas tropas aliadas levantaron as máscaras para obter aire fresco, expóndose máis ao gas.
No seu poema Tha Mi Duilich, Cianail, Duilich ("Estoume a lamentar, cheo de tristeza") Dòmhnall expresa a dor polos amigos que caeron. Lembra os seus céilidhs e como cantaban xuntos. Engade que agora están esnaquizados, xacendo en terra de ninguén ou baixo cruces. Entón, Dòmhnall fala da resurrección de Xesús e de como algún día todos os homes que caeron na guerra se reunirán cos seus seres queridos. Dòmhnall concluíu, con todo, dicindo que mentres viva, as imaxes dos seus amigos caídos e os horrores da guerra ficarán gravados a fogo para sempre no seu corazón e na súa visión.Domhnall Ruadh Choruna (1995), páx. 24-27.
No poema Dh'fhalbh na Gillean Grinn ("Os bos rapaces marcharon"), Dòmhnall describe tanto a euforia como a rabia de ir a atacar as trincheiras alemás, o odio que sentía polo inimigo ao ver caer os seus amigos e a satisfacción que sentiría só momentos despois, ao invadir a trincheira do inimigo matando soldados alemáns en combate corpo a corpo. Os poemas rematan, con todo, con Dòmhnall e os seus compañeiros soldados espertando á dor cando os seus oficiais contan o enorme número de Cameron Highlanders que morreron no mesmo ataque.