Emily en París (en ) é unha serie de televisión estadounidense creada por Darren Star para Netflix. Ambientada e rodada en París, a serie está protagonizada por Lily Collins no papel de Emily, unha estadounidense que se muda a Francia para achegar un punto de vista estadounidense a Savoir, unha empresa de mercadotecnia francesa. Alí, ela loita por triunfar no lugar de traballo mentres busca o amor e experimenta un choque cultural coa súa educación "aburrida" e mundana do Medio Oeste dos Estados Unidos. O resto do elenco está composto por Philippine Leroy-Beaulieu, Ashley Park, Lucas Bravo, Samuel Arnold, Bruno Gouery, Camille Razat e William Abadie.

Producida por MTV Entertainment Studios e desenvolvida orixinalmente por Paramount Network, onde recibiu un pedido directo de serie en setembro de 2018, a serie trasladouse a Netflix en xullo de 2020. A rodaxe ten lugar en Illa de Francia, principalmente en París e os seus suburbios, e comezou en agosto de 2019.

Emily en París estreouse en Netflix o 2 de outubro de 2020, onde conta con opción de subtitulado en galego traducida por Abraham Díaz. Conseguiu valoracións positivas por parte da crítica nos Estados Unidos, mais non así en Francia onde foi condenando por estereotipar negativamente aos parisienses e aos franceses.

Personaxes Lily Collins como Emily Cooper Philippine Leroy-Beaulieu como Sylvie Ashley Park como Mindy Chen Lucas Bravo como Gabriel Samuel Arnold como Julien Bruno Gouery como Luc Camille Razat como Camille William Abadie como Antoine Lambert Lucien Laviscount como Alfie

Estrea A primeira tempada da serie estreouse en Netflix o 2 de outubro de 2020. A segunda tempada estreouse o 22 de decembro de 2021.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega