Dan-Air (Dan Air Services Limited) foi unha aeroliña baseada no Reino Unido e subsidiaria da firma londiniense de corretaxe marítimo Davies and Newman. Foi fundada en 1953 cun único avión. Inicialmente operaba voos chárter de carga e pasaxeiros dendeos aeroportos de Southend (1953-1955) e Blackbushe (1955-1960) usando distintos avións con motores de pistónsSimons 1993, p. 10, 3 antes de moverse a unha nova base no aeroporto de Gatwick en 1960, seguido da expansión a voos chárter de turismo inclusivo (IT) e servizos regulares durante todo o ano.Heathcote-Smith 1973, p. 836 A introdución de dous reactores de Havilland Comet da serie 4 en 1966 converteu a Dan-Air na segunda aeroliña independente británica, tras British United Airways, en iniciar operacións sostidas con reactores.
A principios dos anos 70 a compañía mercou un par de reactores de longo alcance Boeing 707 para ser usados en voos ao Canadá e aos Estados Unidos.Simons 1993, pp. 71-73, 83-84, 120"Dan-Air", Flight International, 519, 9 de outubro de 1975 En 1973 Dan-Air converteuse na primeira aeroliña británica en operar o trirreactor Boeing 727. A mediados dos anos 70 converteuse na aeroliña independente británica máis grande, tanto en termos de pasaxeiros transportados como en termos de tamaño de frota, operando a frota chárter máis grande do país. Nesa época un membro do persoal de Dan-Air, Yvonne Pope Sintes, converteuse na primeira muller capitá de reactores de Europa.Simons 1993, pp. 113-115
A principios dos anos 80 a aeroliña tamén se convertera no operador líder de voos de apoio de á fixa á industria petroleira, operando unha frota de 13 turbohélices Hawker Siddeley 748 entre bases no continente escocés e as illas Shetland contratada por firmas implicadas na explotación de petróleo no Mar do Norte.Simons 1993, pp. 93-100 En 1983 Dan-Air foi a primeira aeroliña en lanzar operacións comerciais co reactor rexional British Aerospace 146. A adquisición dun Airbus A300 en 1986 marcou a estrea de Dan-Air cos avións de fuselaxe ancho, e a finais dos 80 a compañía tivo unha grande expansión das súas actividades regulares, incluída a introdución de servizos de dúas clases nas rutas troncais. O número de pasaxeiros chegou en 1989 aos 6,2 millóns (1,8 millóns en servizos regulares).Simons 1993, p. 254
A falta de integración vertical cun touroperador, e unha mestura de frota ineficiente dominada por vellos Boeing 727 e BAC One-Eleven converteu a Dan-Air nunha aeroliña pouco competitiva, resultando nunha crecente marxinalización e cada vez máis dificultades financeiras, así como un cambio na dirección e na estratexia a principios dos 90.Simons 1993, pp. 188-190, 193-4, 200-1, 220, 256 Tras intentos pouco exitosos de fusionar Dan-Air cun competidor, a aerliña en problemas foi vendida a British Airways n 1992 por unha libra.
Notas
Bibliografía
Categoría:Aeroliñas do Reino Unido