O Partido Social Demócrata Foral foi un partido político navarro activo durante a Transición.

Foi creado no verán de 1976 por Jaime Ignacio del Burgo a partir de dúas asociacións preexistentes, Causa Ciudadana e Acción Social Democrática, e inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior o 21 de febreiro de 1977,Problemas en la actuación de partidos no legalizados El País, 22 de febreiro de 1977. presentándose en sociedade en marzo de dito ano. Formaban o seu comité executivo Jaime Ignacio del Burgo, presidente, Juan Cruz Alli, Javier Hervada, Marisa Abril e Jesús Tanco. Outro militante que posteriormente acadaría sona foi Javier Gómara.

O PSDF era membro federado do Partido Social Demócrata de Francisco Fernández Ordóñez e Rafael Arias SalgadoArchivo Linz de la Transición Española. Instituciones e constituíu en Navarra, xunto co Partido Demócrata Liberal de Jesús Aizpún a coalición Unión de Centro Democrático, que se presentou ás eleccións xerais de 1977 obtendo tres escanos e tres senadores (entre eles, o presidente do partido, Del Burgo). Ao transformarse a UCD en partido político en 1978, o PSDF desapareceu.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrada do Partido Social Demócrata Foral na Enciclopedia Digital Ilustrada del País Vasco - "Auñamendi".

Categoría:Partidos políticos de Navarra Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España