Dólar de prata dobicentenario de Abraham Lincoln170x170px170x170pxA/: Busto de Abraham Lincoln. Data e marcas de ceca (P), de deseñador (JK) e de gravador (DE). Lendas: IN GOD WE TRUST / LIBERTYR/: As 43 derradeiras palabras do Discurso de Gettysbourg, rodeadas por coroa de loureiro. No exergo, pergamiño coa sinatura de Lincoln. Marca de gravador (PH). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM Valor: 1 dólar. Gravador: J. Kunz e D. Everhart (anv.), e Phebe Hemphill (rev.). Datas de emisión: 2009 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (P). Tiraxe: 499.934 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata do bicentenario de Abraham Lincoln é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2009 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 109-285, do 27 de setembro de 2006,"Public Law 109-285 - SEPT. 27, 2006". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda na honra de do décimo sexto presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln (1809-1865), en conmemoración do bicentenario do seu nacemento."Abraham Lincoln Commemorative Silver Dollar". United States Mint.

Deseño No anverso da moeda, deseñado por Justin Kunz e gravado por Don Everhart, represéntase un busto de Abraham Lincoln inspirado nunha escultura obra de Daniel Chester French, que se atopa no interior do Lincoln Memorial, de Washington. Rodeando o busto aparecen os lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses, así como a data de emisión da moeda."1 Dollar Abraham Lincoln Bicentennial". Numista.com miniatura|Escultura de Daniel Chester French sita no Lincoln Memorial, de Washington, na que se inspira o retrato de Lincoln no anverso deta moeda conmemorativa. Pola súa banda, o reverso, obra da gravadora da US Mint Phebe Hamphill, reproduce as 43 derradeiras palabras do famoso Discurso de Gettysbourg, pronunciado por Lincoln durante a Guerra Civil, o 19 de novembro de 1863: WE HERE / HIGHLY RESOLVE / THAT THESE DEAD / SHALL NOT HAVE DIED / IN VAIN - THAT THIS / NATION, UNDER GOD, / SHALL HAVE A NEW / BIRTH OF FREEDOM - AND / THAT GOVERNMENT OF / THE PEOPLE, BY THE / PEOPLE, FOR THE / PEOPLE, SHALL NOT / PERISH FROM THE EARTH ("Resolvemos que estes mortos non morreron en van; que esta nación, baixo Deus, ha ter un renacemento de liberdade, e que o Goberno do pobo, polo pobo, para o pobo, non desaparecerá da Terra". O discurso aparece rodeado por unha coroa de loureiro. Na parte inferior, un pergameo ten inscrita a sinatura de Lincoln, así como o valor facial da moeda e o lema E PLURIBUS UNUM; e na parte superior a lenda indica o nome do país emisor.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 12 de febreiro de 2009, coincidindo coa data exacta do 200 aniversario do Nacemento de Lincoln.

A súa produción foi de 127.710 moedas na súa condición estándar e 372.224 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 499.934 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2009 Abraham Lincoln Commemorative Silver Dollar". United States Mint.

Consonte a lei que autorizou o dólar de prata conmemorativo do bicentenario de Abraham Lincoln, o beneficio acadado pola súa venda foi destinado á Comisión do Bicentenario de Abraham Lincoln, para mromover o traballo de planificación da súa celebración e o estudo continuo da vida de Lincoln.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"2009 Abraham Lincoln Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América