A bandeira de Jersey é a bandeira oficial do territorio da Illa de Jersey. Componse dun sautor vermello sobre un campo branco. No cuadrante superior atópase o escudo de Jersey rematado por unha "coroa Plantagenet" amarela. A bandeira foi adoptada polos Estados de Jersey o 12 de xuño de 1979, e proclamada pola raíña Isabel II do Reino Unido o 10 de decembro de 1980. Ondeouse oficialmente por primeira vez o 7 de abril de 1981.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bandeira de Guernsey Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras do Reino Unido Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras con animais Categoría:Bandeiras coa cruz de Santo André Categoría:Bandeiras introducidas en 1981