Dólar de prata conmemorativo da Guerra de Corea170x170px170x170pxA/: Soldado subindo un outeiro, con buques e avións de fonfo. Marca de gravador (JM) Lendas: THIRTY EIGHTH ANNIVERSARY COMMEMORATIVE / KOREA / 1953-1991 / IN GOD WE TRUST / LIBERTYR/: Mapa de Corea e cabeza de aguia á súa dereita. Marcas de ceca e de gravador (TJF). Lenda: ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM / UNITED STATES OF AMERICA Valor: 1 dólar. Gravador: John Mercanti (anv.) e James Ferrell (rev.). Datas de emisión: 1991 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia ("P") e de Denver ("D"). Tiraxe: 891.537 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata conmemorativo da Guerra de Corea é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1991 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de Denver.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 101-495, do 31 de outubro de 1990,"Public Law 101-495 - OCT. 31, 1990". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa do 38º aniversario do final da Guerra de Corea e na honra dos que loitaron nela."Korean War Memorial Dollar". United States Mint.

Deseño O anverso desta moeda, obra do gravador da US Mint John Mercanti, reprodúcese a escena dun soldado subindo un outeiro, con buques militares en primeiro plano e dous cazas F-86 sobrevoando e oito estrelas. As lendas son alusivas ao 38º aniversario do final da Guerra de Corea."1 Dollar Korean War". Numista.com

Pola súa banda, no reverso, deseñado e gravado por James Ferrell, reprodúcese un mapa de Corea coa división no paralelo 38 e o símbolo coreano Taegeuk, equivalente ao símbolo chinés Taijitu, que representa a unidade dos opostos (yin e yang). Á dereita do mapa aparece unha cabeza de aguia.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina dun millónde exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Denver na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Filadelfia cun ababamento especial (proof), e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 6 de maio de 1991."John Marshall Commemorative Silver Dollar Available April 25". United States Mint. 13 de abril de 2005.

A súa produción foi de 213.049 moedas na súa condición estándar e 618.488 en versión proof, o que fai un total de 891.537 exemplares, co que non se logrou vender tora a tiraxe autorizada."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1991 Korean War Memorial Silver Dollar". United States Mint.

A moeda comercializouse aos prezos de 26 dólares en condición estándar e 31 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Fondo Conmemorativo dos Veteranos da Guerra de Corea, co fin de ser utilizado na erección e no mantemento dun monumento aos vetreranos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1991 Korean War Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América Categoría:Guerra de Corea